lunes, 19 de mayo de 2014

Linguas clásicas e medicamentos: Dermofix e Diazepam

O primeiro medicamento do que elexín falar é o Dermofix. O Dermofix é un antimicótico dotado dunha potente actividade fungicida, cun amplo espectro, no que se inclúen dermatofitos coma o Trichophyton, Epidermophyton e o Microsporum, hongos, filamentos oportunistas e Pityrosporum, así como outros axentes causantes e acompañantes de infeccións de pel e mucosas.

"Dermo" provén da palabra dermis, [der-m(ato)- δέρ-μα/-ματος gr. 'piel' + -is/-id(a) gr. 'elemento anatómico']. Esta raíz podemos atopala tamén en palabras coma dermatoma, endodermis, epidermis, etc. Probablemente elixirían este termo polo uso aplicado á pel do medicamento.O sufixo "fix" significa en inglés arranxar ou reparar algo, neste caso unha infección da pel.



A continuación, vou falarvos do Diazepam. É un fármaco derivado da benzodiazepina con propiedades ansiolíticas, miorrelaxantes, anticonvulsivantes, e sedantes. O Diazepam utilízase para tratar estados de ansiedade e está considerada como a benzodiazepina máis efectiva para o tratamento de espasmos musculares. O seu nome comercial é Valium.

Esta palabra, "Valium", relaciónase con "equilibrium" e transmite sensación de serenidade.

O Diazepam, pode chegar a axudar ás persoas moito más do que todos creemos, coma nos videoxogos da franquicia Metal Gear Solid, onde o protagonista toma Diazepam para calmar o pulso e así apuntar con máis precisión á hora de usar o rifle de francotirador. Pero tamén pode custarnos moi caro, coma ao ex-baterista da banda Avenged Sevenfold, The Rev, que sufriu unha grave intoxicación por varios medicamentos, entre eles o Diazepam, o cal provocoulle a morte. Así que xa sabedes, anderse con ollo.

No hay comentarios: