Este medicamento, oftalmotrim, é un antibiótico oftálmico, recomendable para tratar a conxuntivite e outras enfermidades similares. É unha disolución acuosa formada principalmemte pola Poliximina B e a Trimetoprima (en menor medida). Aplícase suministrando unhas gotas desta disolución no interior do ollo. Este antibacteriano foi creado polo laboratorio Alcon Cusi S.A., e sacado ao mercado no ano 1986. Botemos un pequeno vistazo as súas raíces etimolóxicas:
Dunha banda, temos a raíz, oftalmo (ophthalm(o)- ὀφθαλμός grego), que fai referencia ao ollo e a todo o relativo a él. Esta raíz grega podemos atopala en palabras como oftalmia (inflamación dos ollos), oftalmoloxía (parte da patoloxía que estuda as enfermidades dos ollos), e oftalmólogo/a (especialista na oftalmoloxía, popularmente coñecido como oculista).
E pola outra banda temo Trim, que provén do composto trimetoprima, un antibiótico bacteriostático derivado da trimetoxibenzilpirimidina, cun uso maioritario na cura de infeccións urinarias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario