martes, 20 de mayo de 2014

Linguas clásicas medicamentos: Atarax, Hemicraneal e Torecán


Atarax

Medicamento que pertence á compañía UCB pharma. UCB é unha compañía multinacional farmacéutica con sede en Bruselas (Bélxica).É famosa pola creación de moitos medicamemtos de uso case diario como por exemplo cremas para peles atópicas e outros remedios para problemas sobre todo alérxicos e debido a que cada tres anos dan un premio internacional da neurociencia.

O seu nome procede da palabra ataraxia que ven do grego ataraxía que é unha palabra composta que significa a= sin + taraji= perturbación, axitación polo que a palabra completa significa tranquilidade ( sen axitación), un nome moi apropiado para un medicamento que se emprega para tratar ansiedade, o prurito e a urticaria . Ademais ten un nome propio dos medicamentos por conter "x".


Hemicraneal


Medicamento empregado contra as migrañas. Pertence á familia farmacolóxica de Novartis, que ten a sua sede en Basilea en Suiza e dende onde distribue todos os medicamentos e productos biotecnoloxicos que produce.

O nome deste medicamento ven referido exactamente a iso, ao seu emprego. O seu nome ven da palabra grega ἡμικρανία, hemikrania, "na mitade da cabeza". Galeno foi o primeiro en utilizar o termo hemikrania que foi evolucionando ata converterse en migraña.Galeno cría que a migraña se debia ao tecido que separaba as partes do cerebro e que impedía que a dor pasara dun hemisferio ao outro.

Polo tanto o nome procede da palabra antiga para designar migrañas mais o sufixo -al que o converte en adxectivo

Torecán

É un antihistamínico que se emprega para tratar os vómitos producidos por quimioterapia, vértigos e enfermidades que afectan ao aparello vestibular

A procedencia do nome pode ser:
1. Debido á colocación de tres das enfermidades que pode tratar (que aparecen no prospecto) colocadas unha tras outra : to = que faria referencia a atetosis, re e ca= que fan referencia a hiperemesis grávidica e por último o "n" se engadiría para que soara mellor.
2. Referido a algo que non ten nada que ver co tratamento como fai fai con outros medicamentos.


Fotos da autora

No hay comentarios: