martes, 27 de mayo de 2014

Linguas clásicas e medicamentos: Blastoestimulina e Thrombocid

De acordo con este artigo, os nomes dos medicamentos teñen que ser curtos e fáciles de pronunciar en distintos idiomas, requisito que non se cumpre no primeiro dos casos dos que vos vou falar.

- Blastoestimulina. Pomada que axuda na cicatrización de feridas, mesmo en casos de infección. (Ler máis)
En canto á súa etimoloxía, podemos distinguir varios elementos na palabra. O sufixo final "-ina" non aporta significado algún, senón que é un afixo empregado moi comunmente neste ámbito e os outros compoñentes son:
  • Tomando o significado primitivo, temos que: "blasto-" significa xerme e o sufixo "-estimul-" ven do latín "stimulus", que significa aguillón. Así que, estaríasenos a dicir que a blastoestimulina mata os xermes da ferida.
  • Pero o significado destas raíces evolucionou lixeiramente, polo que tamén temos que:  "blasto-" [do gr. βλαστός «xerme»] quere dicir célula inmadura (significado adoptado recientemente no mundo da mediciña) e "-estimul-" (estímulo/ estimular) axente que provoca unha reacción funcional nun organismo. Polo tanto, este fármaco potenciaría a formación por parte do propio organismo de novas células para rexenerar a zona afectada. 
Outras palabras ca raíz "blasto": mieloblasto, linfoblasto e normoblasto.
Outras palabras ca raíz "estimul": estimulante, estimulador e estimular.

http://goo.gl/njl2kB
- Thrombocid. Pomada de uso cutáneo que favorece o fluxo sanguíneo e deste xeito evita a formación de trombos. (Ler máis)
Podemos distinguir dous elementos:

  •  -"Thrombo[thromb(o)- θρόμβος gr. 'coágulo']. Alude claramente á patoloxía que trata, e móstrase moi respectuoso na transcrición do grego o que lle da unha apariencia máis científica á palabra.
  •  - "Cid". Provén dun sufixo moi presente na nosa lingua: "-cidio", que significa morte.  

Deste xeito, se unimos todo, quédanos que se trata dun medicamento cuxa finalidade é eliminar os trombos.
Outras palabras ca raíz "thromb(o)": trombocito, tromboflebitis  e trombocitopenia.
Outras palabras ca raíz "cidio": magnicidio, suicidio e xenocidio.
http://goo.gl/xVUquq
O Thrombocid forte contén unha cantidade maior do principio activo.

Antón Rodríguez Otero: @Anton_Roguez 

miércoles, 21 de mayo de 2014

Linguas clásicas e medicamentos: Epiduo e Spasmoctyl

Epiduo

Neste caso estudaremos o Epiduo. Este medicamento, comercializado por laboratorios Galderma, é un xel que se aplica directamente sobre a pel, (EPIderme) para combatir os efectos do acné, granos e dalgunhas picaduras de insectos. De aquí ven a primeira raíz da palabra: epi gr., ep(í), ἐπί, 'sobre', é dicir, "sobre a pel", o que fai clara referencia á sua aplicación. Aparece en palabras tales como epiderme, epidural, epidemia, etc. O que non está tan claro é a orixe etimolóxica da segunda raíz. Tras moito investigar, a razón máis coherente que encontrei foi a seguinte. 'Du' do latín 'duo' significa 'dous'. Quizais esto aluda a que a crema actúa como unha segunda pel, corrixindo os defectos da orixinal, transformándose na capa mais externa da derme.

Spasmoctyl

Agora vamos co Spasmoctyl. Este medicamento é un antiespasmódico, é dicir, que suprime o espasmo ou calambre dun determinado músculo, cousa que pode chegar a ser moi dolorosa e problemática dependendo do músculo ao que afecte. Adminístrase en pastillas e se usa para:
  • Espasmo gastrointestinal (espasmo do tracto biliar, ureteral e cólicas renal, dismenorréia). 
  • Tratar o síndrome do colon irritable. 
  • Auxiliar na radiografía gastrointestinal e úlcera péptica.
  • Etcétera.
Agora vamos co que nos incumbe aquí, que é o latín.

"Spasmoctyl" divídese en Spasmo/ctyl:
  1. "Spasmo", do grego, spasm(o)-, σπασμός, que significa'contracción', 'espasmo'. Esta raíz encontrámola en palabras tales como espasmo, espástico, espasmódicto, etc.
  2. "Ctyl". Pódese deber á composición do medicamento, o cal está formado maiormente por Otilonio (Octilonium), pero nese caso a desinencia sería "Ctil". Por qué se elixe cambiar o i latino polo i grego? Eu creo que é porque a todo o relacionado coa mediciña quédalle moi ben ese toque latino, algo que se consegue tan facilmente como cambiando esas dúas letras.

Spasmoctyl en grajeas 40 mg







Follow me! @AndreSisoOne

Linguas clásicas e medicamentos: Dogmatil e Amignul

Moitas veces, pasar moito tempo procurando nun dicionario etimolóxico para dar nome a un medicamento pode producir cefaleas, vértigos, dores de cabeza, etc. Podemos encontrar multitude de medicamentos que axudan a tratar estes síntomas, entre os cales se atopan o Dogmatil  e o Amignul.

O primeiro destes pertence ao grupo de medicamentos antipsicóticos ou neurolépticos e é receitado para tratar neurosis, depresións, transtornos psicolóxicos e vértigos. O principio activo é a sulpirida  e o produto preséntase en cápsulas que conteñen 50 mg deste composto.

En canto á súa etimoloxía, podemos observar claramente a raíz: dogma, prodecente do grego δόγμα, "pensamento, doctrina, opinión ou principio". Desta raíz derivan así mesmo palabras coma ortodoxo ou paradoxo. Ao sufixo restante, -til, podémoslle atribuír o significado de "posibilidade", coma en fértil (fer (lat. ferre "levar") + -til). Así, unha terra fértil é a que pode levar ou proporcionar alimento. Este sufixo tamén aparece en palabras coma dócil, fráxil ou fútil. Polo tanto, trátase dunha menciña que pode devolver o pensamento a quen a enxira. Este significado etimolóxico está fortemente ligado ao tratamento de problemas psicolóxicos.

Por outra parte, Amignul é un fármaco utilizado para aliviar as dores producidas polas migrañas. O principio activo é o almotriptán, posuíndo cada un dos comprimidos 12,5 mg deste.

Fotos do autor
A etimoloxía deste medicamento é máis complexa e está formada por máis elementos. En primeiro lugar, encontramos o prefixo a-, de orixe grega, que indica unha negación. Despois, -mign-, procedente de migraña ou realmente de migraine, a versión inglesa e francesa. Así, explícase a presenza do ene  Finalmente, o resto da palabra, -ul, podería proceder do sufixo formador de diminutivos -ulo/-ula, de orixe latino. Este sufixo forma palabras coma maiúscula, molécula ou músculo. Noutras linguas, coma o inglés ou o francés (ej: majuscule), este sufixo perde a vogal final, o que explicaría a ausencia desta. Así, estariamos a falar dunha menciña que acaba cas dores de cabeza ou que as devén insignificantes. 

martes, 20 de mayo de 2014

Linguas clásicas e medicamentos: Luminaletas


O medicamento Luminaletas é un fármaco comercializado polos laboratorios KERN PHARMA. Utilzáse para o tratamento da enfermidade chamada epilepsia. A aparición das chamadas crises epilépticas que produce fortes convulsións e inconsciencia pode darse debido a diferentes estímulos como a luz, ruído, tacto.
Da palabra do latín lumen formáronse no español palabras como: iluminar, luminoso ( formada polo sufixo- oso que indica abundancia), vislumbrar (vix= apenas) e lumbre ( o cambio do sufixo- men "lumen" a -mbre , e moi común.

Agora imos tratar  etimoloxicamente este fármaco que axuda a persoas e animais a non ter convulsións.

Lumina-: Provén do latín "lumen" e o seu signifado e luz. Os científicos puxéronlle este prefixo debido a que a luz é o principal artifice dos ataques.

-Etas: Sufixo diminutivo posiblemente procedente do latín. Por exemplo: Lingüeta (lingua pequena)

A modo de curiosidade, Calígula padeceu epilepsia cando era xoven. O emperador vivía co profundo medo de sufrir un ataque asociado a súa enfermidade a pesar de que aprender a nadar era parte da educación imperial o emperador non o fixo pois os epilépticos poden sufrir ataques pola luz que reflexa o auga.

http://www.kernpharma.com/productos/

Linguas clásicas e medicamentos: Condrosulf e Lexxema

CONDROSULF

Medicamento consistente en cápsulas duras para o tratamento sintomático da artrose.
A etimoloxía deste medicamento ven de:
-Khondros: raíz grega que significa cartilaxe. Esta raíz tamén podemos atopala en palabras como: mitocondria e hipocondríaco.
-Sulf: abreviación de sulfato, xa que entre a composición do medicamento atópase o condroitín sulfato.
Grazas a súa etimoloxía deducín que o medicamento contén o condroitín sulfato porque este está presente nas cartilaxes, entón como ese sulfato se vai esgotando e o precisas, tes que tomar este medicamento para telo.



LEXXEMA

É unha pomada que diminúe a inflamación e as reaccións alérxicas da pel, e as reaccións que se asocian a unha multipicación excesiva das células da pel. Polo tanto, diminúe o arrubiamento, a acumulación de líquidos e o exsudado na pel inflamada. Tamén alivia a comechón, a ardentía ou a dor.
Aínda que así, a primeira vista poidamos pensar que este medicamento ten algo que ver coa palabra lexema, debemos ir máis ala e atopar a palabra que se encontra agochada no interior, que é eccema(palabra que procede do grego e que significa erupción cutánea).
Con isto xa temos relacionado o nome do medicamento coa sua aplicación, xa que todo xira arredor da palabra pel.


Linguas clásicas e medicamentos: Otogen.


Otogen son unhas gotas pra os oídos utilizada para o tratamento da enfermidade da otitis (inflamacion do oído que pode se externa ou interna).

Agora imos tratar do nome deste fármaco etimolóxicamente:

Oto-: [ōt(o)- οὔς/ὠτός griego. 'oído, oreja' Tomado do grego que nos deu palabras como: Otoloxía;otitis, otorrinolaringólogo (médico especialista nos oídos nariz e larinxe), otoscopia (instrumento para observar o oído).
-Gen: No latín encóntrase "gignere", "genui" "engendrar", "gnasci" versión arcaica de "nasci","nacer". Isto pode ser debido a que estas gotas aplícanse no nacemento do oído.



http://www.ern.es/productos/otogen-calmante/

Linguas clásicas medicamentos: Atarax, Hemicraneal e Torecán


Atarax

Medicamento que pertence á compañía UCB pharma. UCB é unha compañía multinacional farmacéutica con sede en Bruselas (Bélxica).É famosa pola creación de moitos medicamemtos de uso case diario como por exemplo cremas para peles atópicas e outros remedios para problemas sobre todo alérxicos e debido a que cada tres anos dan un premio internacional da neurociencia.

O seu nome procede da palabra ataraxia que ven do grego ataraxía que é unha palabra composta que significa a= sin + taraji= perturbación, axitación polo que a palabra completa significa tranquilidade ( sen axitación), un nome moi apropiado para un medicamento que se emprega para tratar ansiedade, o prurito e a urticaria . Ademais ten un nome propio dos medicamentos por conter "x".


Hemicraneal


Medicamento empregado contra as migrañas. Pertence á familia farmacolóxica de Novartis, que ten a sua sede en Basilea en Suiza e dende onde distribue todos os medicamentos e productos biotecnoloxicos que produce.

O nome deste medicamento ven referido exactamente a iso, ao seu emprego. O seu nome ven da palabra grega ἡμικρανία, hemikrania, "na mitade da cabeza". Galeno foi o primeiro en utilizar o termo hemikrania que foi evolucionando ata converterse en migraña.Galeno cría que a migraña se debia ao tecido que separaba as partes do cerebro e que impedía que a dor pasara dun hemisferio ao outro.

Polo tanto o nome procede da palabra antiga para designar migrañas mais o sufixo -al que o converte en adxectivo

Torecán

É un antihistamínico que se emprega para tratar os vómitos producidos por quimioterapia, vértigos e enfermidades que afectan ao aparello vestibular

A procedencia do nome pode ser:
1. Debido á colocación de tres das enfermidades que pode tratar (que aparecen no prospecto) colocadas unha tras outra : to = que faria referencia a atetosis, re e ca= que fan referencia a hiperemesis grávidica e por último o "n" se engadiría para que soara mellor.
2. Referido a algo que non ten nada que ver co tratamento como fai fai con outros medicamentos.


Fotos da autora

Linguas clásicas e medicamentos: Aero-Red e Termalgin codeína

Neste artigo comentaremos os nomes de dous medicamentos, como son Aero-Red e Termalgin codeína. Nestes dous compostos pódese observar como o latín e o grego toman claramente unha enorme importancia cando se trata de poñer nomes aos produtos comercias, coa intención de que estes sexan atractivos aos posibles usuarios e tamén nalgúns casos o nome leva a identificar facilmente a utilidade do medicamento. Anteriormente utilizábanse outras linguas como o inglés pero debido ao uso estes nomes deixaron de ser orixinais e o inglés quedou anticuado; agora óptase por utilizar outras linguas como o latín e o grego.


En primeiro lugar falaremos do Aero-Red. Este medicamento utilízase para destruír burbullas de gas, facilitando a súa eliminación e aliviando as molestias que podan ocasionar, emprégase moitas veces para combater enfermidades tales como a aerofaxia, cólicos da lactancia etc. Na súa composición o compoñente principal e a simeticona. O seu nome ten unha etimoloxía moi simple que se pode deducir facilmente:

Aero- prefixo procedente do grego aero (aire). Isto indica a relación entre o medicamento e o fin para o que se utiliza que é eliminar o aire que se acumula no corpo. Esta raiz pode encontrarse en outras moitas palabras como por exemplo: aerofobiaaerosol, aeroterapia.
Red- a procedencia desta parte do nome do medicamento débese simplemente á palabra que en inglés se refire ao color do envase . 




O outro medicamento do que imos falar e o denominado  Termalgin codeína. Utilízase para tratar dores moderados ou fortes e tamén para a redución da febre, emprégase moitas veces para tratar enfermidades como por exemplo gripes, catarros etc.  Na súa composición destaca sobretodo a codeína pero tamén a presenza de paracetamol. Agora veremos a etimoloxía deste nome:

Term- prefixo procedente do grego antigo thermos (quente). Indica a relación do nome e a súa utilización para reducir a febre. Esta raiz pode encontrarse en outras moitas palabras como por exemplo: termómetro, termal, termoterapia.
alg- esta parte do nome ven referida á etimoloxía da palabra algia (dor) procedente do grego. Indica a relación entre o nome e a súa finalidade que é aliviar as dores fortes. Este sufixo tamén está presente noutras palabras como poden ser: lumbalxia, neuralxia, otalgia.
-in (-ina) sufijo diminutivo, usado habitualmente como terminación de nombres de medicamentos.
codeína a última parte do nome simplemente expresa cal é o seu principal compoñente.


Linguas clásicas e medicamentos: Tromalyt

Neste artigo vou falar sobre o Tromalyt, un fármaco que se toma en cápsulas e que serve para evitar a coagulación do sangue. Eu creo que todas as persoas con problemas de corazón teñen que tomalo, xa que evita os infartos.


Trom-: Ven da palabra "trombo" [thromb(o)- θρόμβος gr. 'coágulo' + -ō-sis gr. 'proceso patolóxico']. Como ben se ve na súa etimoloxía, significa coágulo. Outras palabras poden ser trombose, trombocito e tromboflebite.
Alyt-: é un sufixo sen significado particular pero que indica algo tecnolóxico ou científico pola presenza da -y- e a finalización en consoante. Curiosamente, esta "palabriña" utilízana os norteamericanos ou ingleses para indicar que "está todo ben" nas mensaxes de texto, porque é a abreviación de all right.

http://goo.gl/rSq2Iq

Linguas clásicas e medicamentos: Ventolín

http://goo.gl/FSgxrK
Ventolín é un dos medicamentos que teñen a diario compañeiros meus asmáticos, e que lles salva en momentos de crise. É un inhalador que contén osíxeno e que nos momentos de fatiga ou no que lles falta o ar meten a boquilla na boca e presionan un botón que lles proporciona a dose de osíxeno que necesitan. Recopilando información para facer este post descubrín que hay unhas criaturas chamadas ''Los ventolines'' que son espíritus do aire que axudan a poboación da costa cántabra, e que se encontran nas tradicións cántabra e asturiana. Dito isto, vamos falar dos elementos lingüisticos foron elixidos para o nome de este medicamento.

  • Vento-, que ven do latín uentu(m) que significa viento o que para o meu parecer está moi ben xa que este medicamento do que se trata e de dar osíxeno e o interpretan como vento xa que sae a presión.
  • -l- é un infixo 
  • -in, é unha terminación de diminutivo moi popular na formación de nomes de medicamentos -in/-ina.
Aroa Maneiro @aroamaneiro17

Linguas clásicas e medicamentos: Flutox

http://goo.gl/79vXQg
O Flutox é un dos medicamentos máis coñecidos dende a nosa infancia ata o día de hoxe. É recetado para a irritación de gorxa producida pola tos, de ahí o seu nome. É ademáis caracterizado por ser o único xarabe que sabe ben, de feito estou dacordo con esa afirmación, recordo que de pequena ás veces o collía sen estar enferma e tomaba unha cullerada de xarabe polo seu sabor doce.
Actualmente este medicamento esta comercializado por Pharmazoam que a súa vez está dentro do grupo Zambon.
A continuación vamos ver os elementos lingisticos que foron elixidos para formar o nome de este xarabe, curto e pegadizo:

  • Flu-, ven do latín flue(re) que significa fluír. Referido a que é un líquido que flue pola gorxa aliviando a dor.
  • -tox, é a palabra tos alterada seguindo o típico recurso de empregar letras tales como x, y, o, z para completar o nome e a súa vez que sexa pegadizo. Outros exemplos claros que utilizan este recurso son o Clamoxyl, Xanax, etc. 

Aroa Maneiro @aroamaneiro17

Linguas clásicas e medicamentos: Ocuflur e Adolonta.

Os medicamentos elexidos por min son Ocuflur e Adolonta. 

Vamos comezar polo Ocuflur
É un colirio que serve para calmar a irritación dos ollos. Tamén se pode usar cando estás sendo operado de cataratas

A súa etimoloxía é a seguinte: 

-Ocu: Do latín "oculu", alude a ollo. Esta raíz tamén la podes encontrar nas palabras ocular o inocular.

-Flur: Alude ao compoñente flurbiprofeno da súa composición.
http://goo.gl/65wD5N

O outro medicamento é o Adolonta

É un medicamento que calma a dor. Actúa reducindo os efectos das endorfinas que se encontran no cerebro e na columna vertebral. Este medicamento mestúrase cos receptores opiáceos do cerebro e bloquea a transmisión de estímulos da dor. 
O nome real deste medicamento é Tramadol, pero Adolonta é un nome comercial como tamén o pode ser Tradonal, Zytram, etc. 

A súa etimoloxía é a seguinte: 

Esta palabra non contén raíz latina, pero polo seu nome e a súa función, parece que contén a palabra dolor, que ven da raíz latina ''del-2'' que significa alisar, pulir, cortar. Contén o prefixo grego privativo a- = sen dor. O sufixo -nta, non aporta particularmente significado pero finaliza a palabra dun xeito que soa a clásico e a científico.


http://goo.gl/WRTtLz
                                                                            


Linguas clásicas e medicamentos: Oftalmotrim

Este medicamento, oftalmotrim, é un antibiótico oftálmico, recomendable para tratar a conxuntivite e outras enfermidades similares. É unha disolución acuosa formada principalmemte pola Poliximina B e a Trimetoprima (en menor medida). Aplícase suministrando unhas gotas desta disolución no interior do ollo. Este antibacteriano foi creado polo laboratorio Alcon Cusi S.A., e sacado ao mercado no ano 1986. Botemos un pequeno vistazo as súas raíces etimolóxicas:
Dunha banda, temos a raíz, oftalmo (ophthalm(o)- ὀφθαλμός grego), que fai referencia ao ollo e a todo o relativo a él. Esta raíz grega podemos atopala en palabras como oftalmia (inflamación dos ollos), oftalmoloxía (parte da patoloxía que estuda as enfermidades dos ollos), e oftalmólogo/a (especialista na oftalmoloxía, popularmente coñecido como oculista).
E pola outra banda temo Trim, que provén do composto trimetoprima, un antibiótico bacteriostático derivado da trimetoxibenzilpirimidina, cun uso maioritario na cura de infeccións urinarias.


lunes, 19 de mayo de 2014

Linguas clásicas e medicamentos: Auxina, Augmentine e Torecan

Con este post pretendo achegarvos a descubrir a importancia que teñen as linguas clásicas no día a día. Probablemente usaches algún destes medicamentos algunha vez, agora saberás de onde ven o seu nome.

Auxina e Augmentine

Foto: http://goo.gl/BT2IB8
A Auxina aportanos vitamina A+E, polo que o seu principio activo é ditas vitaminas, tamén a atopamos con só vitamina A ou só vitamina ENos dous medicamentos atopamos a raíz indoeuropea -aug significando "aumentar, incrementar". Outras palabras con ista mesma raíz son, por exemplo: augurio, agüero, autor.
No caso da Auxina -aug evoluciona ata converterse en -aux, probablemente porque o "x" é máis chamativo para nomear o medicamento.
O sufixo "-ina", tomado do latín "-inus" é usado en numerosas sustancias, incluída "vitamina", polo que o nome podería significar "Aumento de vitamina".


Foto: http://goo.gl/quZgAF
No caso do Augmentine, é un antibiótico usado para a infección das vías respiratorias e urinarias e incluso en enfermidades na pel ou nos ósos, este medicamento ten como principio activo Amoxicilina (que pode perder efecto dado que as bacterias vólvense inmunes) e Ácido clavulánico que impide que o proceso anterior ocorra . É producido por Glaxo Wellcome Production.
Neste caso contiuamos coa mesma raíz -aug, na forma do sustantivo latino augmentum "aumento, incremento". "-tine" é un sufixo na lingua inglesa, como podemos observar nalgunhas palabras como: clandestine, guillotine ou nicotine.
Penso que o nome pode facer referencia ao efecto entre os principios activos "aumentando" as defensas do organismo e permitíndolle combater ás infeccións.



Torecan
É un medicamento producido por Novartis usado en enfermidades respiratorias ou relacionadas co oído: Vértigo, Síndrome de Ménière... O principio activo é a tietilperazina.
Probablemente 'tore-' veña de 'torno', que proveñe de tornus en latín, podendo facer referencia ao movemento circular propio o vértigo. Tamén podemos atopalo en palabras como: tour, trastorno, turismo...

Foto: http://goo.gl/XZ6UpO

Linguas clásicas e medicamentos: Dermofix e Diazepam

O primeiro medicamento do que elexín falar é o Dermofix. O Dermofix é un antimicótico dotado dunha potente actividade fungicida, cun amplo espectro, no que se inclúen dermatofitos coma o Trichophyton, Epidermophyton e o Microsporum, hongos, filamentos oportunistas e Pityrosporum, así como outros axentes causantes e acompañantes de infeccións de pel e mucosas.

"Dermo" provén da palabra dermis, [der-m(ato)- δέρ-μα/-ματος gr. 'piel' + -is/-id(a) gr. 'elemento anatómico']. Esta raíz podemos atopala tamén en palabras coma dermatoma, endodermis, epidermis, etc. Probablemente elixirían este termo polo uso aplicado á pel do medicamento.O sufixo "fix" significa en inglés arranxar ou reparar algo, neste caso unha infección da pel.



A continuación, vou falarvos do Diazepam. É un fármaco derivado da benzodiazepina con propiedades ansiolíticas, miorrelaxantes, anticonvulsivantes, e sedantes. O Diazepam utilízase para tratar estados de ansiedade e está considerada como a benzodiazepina máis efectiva para o tratamento de espasmos musculares. O seu nome comercial é Valium.

Esta palabra, "Valium", relaciónase con "equilibrium" e transmite sensación de serenidade.

O Diazepam, pode chegar a axudar ás persoas moito más do que todos creemos, coma nos videoxogos da franquicia Metal Gear Solid, onde o protagonista toma Diazepam para calmar o pulso e así apuntar con máis precisión á hora de usar o rifle de francotirador. Pero tamén pode custarnos moi caro, coma ao ex-baterista da banda Avenged Sevenfold, The Rev, que sufriu unha grave intoxicación por varios medicamentos, entre eles o Diazepam, o cal provocoulle a morte. Así que xa sabedes, anderse con ollo.

Linguas clásicas e medicamentos: "Mayesta"

Este medicamento, mayesta, componse de cápsulas brandas para mellorar os problemas de acné nos adolescentes. Está formado principalmente por Isotretinoína, Aceite soja hidrogenado e glicerol, entre outros. Foi sacado al mercado por Bama-Geve, S.L.U.

Este tratamento consiste en tomar a cantidade de cápsulas correspondentes polo peso da persona, e, una vez inxeridas, o tratamento remátase e os efectos son permanentes. É un tratamento extremadamente invasivo, produce sequedade por todo o corpo e o pelo e, ademais, hai risgo de causar trastornos psicolóxicos, depresión, intentos de suicidio, etc. aunque iso dase en casos moi raros.

É un medicamento moi recomendable, últimamente és moi recetado polos dermatólogos, eu, por exemplo, acabo de rematar co tratamento, e encóntrome encantada cos resultados, xa que en seis meses a miña pel cambiou moito.

Como raíz etimolóxica puiden encontrar maiestas, que é relativo á grandeza, á realeza, aunque tamén usábase para expresar a grandeza moral das persoas do pobo. A miña teoría é que é un nome completamente comercial, xa que o término maiestas non ten nada que ver coa pel, e substituíron la i latina por la y grega. Con esta raíz, maiestas, encontramos palabras como maxestade, magnificencia, magnífico.





Linguas Clásicas e Medicamentos: "Silvederma" e "Aero-Red"


Cando Fernando, o noso profesor de latín, propuxo facer este traballo, pareceume un proxecto realmente interesante. Algo tan simple e familiar como un medicamento. Quen non ten un medicamento na casa? 

O que me pareceu realmente extraño e que nunca me detivera a pensar foi a procedendia dos seus nomes. Sorprendeume o abundante uso das linguas clásicas para a elección dun nome sinxelo, pegadizo, pronunciable en varias linguas, e sobre todo, eficaz.

A continuación comentareivos algunhas cousas de dous medicamentos con bastante sona: Silvederma e Aero-Red.


S I L V E D E R M A 

Silvederma é unha crema que se usa para o tratamento e prevencción de infeccións en queimaduras de segundo e terceiro grado, así como en úlceras varicosas e de cúbito. Esta crema contén sulfadiazina de prata, que é un antibiótico do grupo das sulfamidas (medicamento útil para o tratamento de infeccións).

Pertence ao laboratiorio Aldo-Unio, que foi o primeiro laboratorio farmacéutico (a nivel mundial) en comercializar dita sulfadiazina de prata mediante cremas (Silvederma crema), e mediante sprays (Silvederma spray).

Como non podería ser doutra maneira, neste medicamento tan recoñecido e tan común están presentes as linguas clásicas, concretamente o grego. Observemos os elementos lingüísticos que elixiron os responsables que diron nome a esta importante crema:
  •  der-m(ato) δέρ-μα/-ματος gr. 'pel'. Elixen referirse a parte do corpo en cuestión, á pel, utilizando a raíz grega, lingua científica por excelencia (xunto co latín). Esta raíz a podemos topar en palabras como equinodermo, esclerodermia, dermatoloxía, etc.

  • "Silve". Nesta ocasión, os creadores optan por acudir a unha lingua extranxeira moi internacional, o inglés. Céntranse na sulfadiazina de prata; concretamente en prata, e a traducen. Silver e prata en inglés. O motivo de elidir o "r" é simplemente, por unha cuestión de fonética.
A modo de anécdota e para finalizar, contareivos que Silvederma pode chegar a poñerse negra. Isto débese a que a sulfadiazina de prata ao poñerse en contacto co aire, torna de color. Por iso, é aconsellable tapar a pomada, cunha pequena gasa, por exemplo.


Imaxe: goo.gl/wkFGFR

A E R O - R E D 

Aero-Red é un comprimido masticable que pertence ao grupo de fármacos denominados antiácidos ou antiflatulentos. O hidróxido magnésico e o carbonato cálcico  son antiácidos que actúan neutralizando o exceso de ácido no estómago. O seu compoñente principal é a simeticona, que é un antiflatulento que actúa sobre a presencia excesiva de gases no tracto gastrointestinal facilitando a súa eliminación. Este medicamento ten páxina web propia, se queredes acceder a ela para ampliar información, clicade aquí.

Como xa fixen no medicamento anterior, agora procederei a analizar lingüísticamente os elementos do nome, un recurso comercial que inflúe moitísimo. Ás veces, non só se trata do producto de boa calidade, senón de algo tan sinxelo como o nome, ou outras cuestións, como a publicidade.
  •  Os responsables de asignar o nome, utilizan a raíz grega āerο- ἀήρ/ἀέρος gr. (sust.), 'aire', para referirse aos gases, concretamente, ás flatulencias. Esta raíz grega é moi utilizada, por exemplo en neoloxismos como: aerobio, aerocisto, microaerófilo, etc.
  • Igual que pasa na Silvederma, volven a recurrir a o famoso idioma, o inglés. E collen algo simple, sen complicacións, unha cor: a vermella (red é vermello en inglés). Gustaríame explicarvos o porqué da elección desta cor e non doutra, pero, malia o meu interese e a miña busca intensiva, non encontrei un motivo. Deduzo ou podo chegar a pensar, que é unha cor relacionada con esas situacións de agobio, nas que te atopas ao ter gases, por exemplo. Pero non o afirmo. Pensen vostedes e saquen conclusións.

Imaxe: goo.gl/xlZ3iK


Pola miña parte, non teño nada máis que engadir. Soamente agradecervos a lectura do meu primeiro post nun blog. Espero que vos fora de axuda e vos parecera interesantes algunha das cousas que escribín. Déixovos o meu twitter e se queredes, xa sabedes... seguídeme!

@AlbaSuarezFraga / Alba Suárez Fraga 4º ESO - B