miércoles, 26 de noviembre de 2008

Entre centauros e vellos amigos e compañeiros

Esta pasada fin de semana celebrouse en Santiago de Compostela o curso organizado por Chiron sobre a web 2.0 e as súas aplicacións na aula de clásicas. Malia que a Xunta deixounos sen servidor e non puidemos facer as prácticas presenciais, a miña valoración da xornada e altamente positiva. En primeiro lugar por comprobar os novos rumbos da SEEC-Galicia; en segundo por ter a oportunidade de coñecer ao fantástico equipo de centauros que nos guía por estas procelosas e virtuais augas; terceiro por darme a oportunidade de reencontrar vellos amigos e compañeiros atrapados coma min pola intensa vida cotiá que non deixa moito tempo para a comunicación; e finalmente por permitirme coñecer e colaborar con novos colegas, moitos máis novos ca min e con visións máis innovadoras que as miñas. Xa dixen previamente no foro do curso que estas relacións creadas virtualmente (e neste caso non tanto, xa que nos vimos un par de días en Santiago) poden parecer moi frías, mais de certo non o son, e teño experiencia que o confirma noutros ámbitos.

E para proba, unha imaxe vale máis que mil palabras. Estas fotos resumen moi ben o que quero decir. Na primeira foto podédesme ver prestando atención as palabras de Álvaro, compañeiro de promoción (¡oh, quinta gloriosa do 88) e agora guía e maestro de todos nos, e a Cecilia, a nosa presidenta (¿qué federación pode presumir dunha presidenta máis guapa, simpática e brilante que a nosa?), á que me unen lazos de amizade moi antigos xa que a súa nai, Mercedes Boado foi a miña inesquecible profesora de Latín na Coruña. Na segunda unha parella que deixou fonda pegada en Arzúa entre os anos 90 e 92: Isabel Losada, "Rula" e máis eu, reverdecendo por obra e gracia das novas tecnoloxías o mellor de nos dous. Por certo, a esa praza de Arzúa, que ocupei trinitariamente (isto è, nas condicións de sustituto, funcionario en prácticas e funcionario en expectativa de destino) cheguei en sustitución de Cecilia, mira por onde. E ambas fotos feitas por Ana Ovando, que entrou nas nosas vidas o venres como un ciclón coa súa simpatía e profesionalidade. Non se pode decir máis, nin pedir.

9 comentarios:

Álvaro P. Vilariño dijo...

E que a promoción do 88 é moita promoción...!
Aínda que faltaban algúns e algunhas que temos que rescatar e sumar a esta nova empresa, esta nova rede de profesores clásicos de Galicia que estamos creando entre todos, e que aínda non sabemos ben onde nos vai levar, pero seguro que moi lonxe de onde estamos agora!
Haberá un antes e un despois deste curso, seguro.

hecuba dijo...

Ola Fernando!: ti e máis eu temos cousas en común que descubrimos en Compostela (Mercedes Boado foi a nosa profesora) pero son tamén a da primeira foto, que está de espaldas e ademais a praza de Arzúa que ocupaches por Cecilia permuteilla a ela pola das Pontes, onde aínda permanezo. Mira o que son as cousas! e vamos e compartimos bitácora. Escollemos os dous a mesma, iso quere dicir que tes bon gusto,Ja,ja!
Un saúdo,Encarna

Ana dijo...

Pues sí que parece una promoción con casta, solo hay que veros.

Me alegra leerte en la red, ya ves que esto es mucho más fácil todavía de lo que contábamos, porque lo vuestro fue un acto de fe, aprender a manejarse en la red sin haber probado en Internet tiene mucho mérito.

Bienvenido a la blogosfera clásica, espero que te diviertas tanto como nosotros.

Luis Inclán dijo...

Hola, Fernando!
Ya voy viendo que el aprendizaje avanza y da sus frutos. No hay más que ver tu blog para darse cuenta.
Dentro de poco esto no tendrá secretos para ti.
Saludos cordiales.
Luis.

Susana Losada dijo...

Noraboa, Fernandiño! Agora estamos todos no camiño. Viva a quinta do 88!!

Olga dijo...

La verdad es que fue una experiencia inolvidable, no sé si irrepetible.
Es verdad: la vuestra es la presi de SEEC más guapa y simpatica de toda España.
Y vosotros tenéis una paciencia y un tesón admirable. Lo demostráis ahora en el aula virtual

Noraboa, especialmente a la quinta de 88.

sergi dijo...

Vive Zeus que esa promoción fue cum laude por toda Hispania (jeje).
Esto marcha viento en popa, enhorabuena por el blog... nos seguimos leyendo.

Cecilia dijo...

Querido Fernando:
soy Ceci, no subo foto que ando mal de tiempo y no tengo ninguna sin mis niñas.
Qué alegría veros tan vivos! Aunque siempre nos lo hemos pasado muy bien. ¿Recuerdas los tiempos en que hicimos el doctorado juntos? Casi acabamos con el departamento. Todavía hoy no me explico cómo me dejaron quedarme de profe.
¿Encarna? Como te dije, fue mi compañera en Puentes y durante mi estancia alli, como una hermana. También su Mané. ¿A que sí, Encarna?
Me alegra tanto que los dos recordéis la labor de mi madre. Debo de estar haciéndome vieja, pero cada vez soy más sentimental.
Gracias por lo de guapa, guapo!! Tb. a mi querida e inolvidable Olga

Anónimo dijo...

Me encanta ver que allí donde has estado has dejado un recuerdo imborrable. Estoy super orgullosa de tí. Bikos, sopitas.