O meu profesor de TICs Sergi Ferrús hónrame co envío deste meme, cousa que lle agradezo dobremente dado que descoñecía absolutamente o asunto e porque, con este calor inesperado, a verdade é que apetece unha fresca limonada, e compartila despois con bos amigos blogueiros.
As normas son:
1. Pór o logo no post ou no blog.
2. Nomear polo menos a outros 5 blogs que mostren gran Actitude e/ou Gratitude
3. Asegurarse de enlazar ben aos nomeados no post.
4. Facerlles saber que recibiron este premio mediante un comentario no seu blog.
5. Esparcir o amor e non esquecerse de enlazar a quen che premiou.
And the nominees are...
María Xesús, laureada e premiada blogueira pioneira do IES María Casares Inés, vella blogueira tamén, aínda que nova no IES María Casares Gaetano, vellísimo blogueiro do Bel Paese Susana, recentísima blogueira, coma min, mais xa unha referencia. O quinto dedicoo a todos os blogs que sigo e que me iluminan constantemente co seu bo facer e a súa calidade. Grazas a todos, sen facer distingos.
Posteriormente á traxedia do Prestige, a Demarcación de Costas promoveu a construción dun parque escultórico coñecido como Xardín de Hércules que, independientemente dos gustos estéticos de cada un, ennobreceu e embeleceu a zona cunha serie de esculturas relacionadas coa dobre lenda de fundación da Torre de Hércules: a celta e a grecolatina. Un espazo natural de 47 hectáreas que constitúe un auténtico museo de arte contemporánea ao aire libre.
Na Caza do Tesouro que propoño aos alumnos de 3º e 4º da ESO intentaremos coñecer un pouco mellor este incomparable conxunto e atoparlle unha aplicación práctica inmediata ao esforzo de investigación.
PREGUNTAS
1. ¿Qué tipo de monumento é a Torre de Hércules? ¿Quen o construiu realmente e cando? ¿Por que foi construido? ¿Que candidatura internacional defende actualmente a nosa torre?
2. Narra brevemente a lenda de fundación de orixe celta. ¿En que libro medieval irlandés aparece reflectida?
3. Narra brevemente a lenda de fundación grecolatina. ¿En qué libro medieval aparece reflectida? ¿Que rei español o escribiu?
4. Expón as diversas fases de construción da torre da súa orixe ao aspecto actual. Inclue a transcripción da inscripción romana onde aparece o nome do constructor e a súa traducción.
A GRANDE PREGUNTA
A grande pregunta é un informe: imaxinade que sodes un dos membros da comisión da UNESCO que valorará a torre como candidata a Patrimonio da Humanidade e o presidente da comisión vos encarga a redación dun informe no que tedes que xulgar o parque escultórico como elemento enriquecedor dos valores que xa ten per se a torre.
Para facelo escolleredes 4 esculturas, de tema grecolatino e celta, e as novas portas monumentais, e explicaredes o seu significado. Despois explicaredes a Rosa dos Ventos (espacio simbólico dos países celtas) e a Casa das Palabras (antiguo cementerio musulmán para soldados do exército nacional durante a Guerra Civil) como espacios para a interculturalidade e a convivencia ao pé da torre. Finalmente redactaredes unhas conclusión onde se valore altamente o parque escultórico como elemento que reforza o valor único e universal da torre.
RECURSOS
Evidentemente a visita con cámara de fotos ou equivalente é imprescindible. Nestes enlaces atoparedes información para respostar as preguntas e poder resolver a gran pregunta con eficacia.
Este crucrigrama está especialmente dedicado aos alumnos de 3º ESO que acaban de terminar este tema, mais evidentemente é do interese de todos. Divertídevos .
Estivemos recentemente no curso de 4º tentando resolver esta adiviñanza, mais non sei se pola espesura mental da última clase da semana, non fumos quen de resolvela. Colgoa aquí para deixar que as mentes pensen tranquilamente fora das aulas e alguén mande a solución :-)
Findere me nulli possunt, praecidere multi; sed sum versicolor, albus quandoque futurus; malo manere niger: minus ultima fata verebor.
"Ninguén pode abrirme, moitos (poden) cortarme, son de moitas cores, mais algún día serei branco; prefiro manterme negro: menos temerei o último destino".