viernes, 20 de marzo de 2009

Unha caza do tesouro: "O Xardín de Hércules"



Posteriormente á traxedia do Prestige, a Demarcación de Costas promoveu a construción dun parque escultórico coñecido como Xardín de Hércules que, independientemente dos gustos estéticos de cada un, ennobreceu e embeleceu a zona cunha serie de esculturas relacionadas coa dobre lenda de fundación da Torre de Hércules: a celta e a grecolatina. Un espazo natural de 47 hectáreas que constitúe un auténtico museo de arte contemporánea ao aire libre.


Na Caza do Tesouro que propoño aos alumnos de 3º e 4º da ESO intentaremos coñecer un pouco mellor este incomparable conxunto e atoparlle unha aplicación práctica inmediata ao esforzo de investigación.


PREGUNTAS


1. ¿Qué tipo de monumento é a Torre de Hércules? ¿Quen o construiu realmente e cando? ¿Por que foi construido? ¿Que candidatura internacional defende actualmente a nosa torre?

2. Narra brevemente a lenda de fundación de orixe celta. ¿En que libro medieval irlandés aparece reflectida?

3. Narra brevemente a lenda de fundación grecolatina. ¿En qué libro medieval aparece reflectida? ¿Que rei español o escribiu?

4. Expón as diversas fases de construción da torre da súa orixe ao aspecto actual. Inclue a transcripción da inscripción romana onde aparece o nome do constructor e a súa traducción.


A GRANDE PREGUNTA


A grande pregunta é un informe: imaxinade que sodes un dos membros da comisión da UNESCO que valorará a torre como candidata a Patrimonio da Humanidade e o presidente da comisión vos encarga a redación dun informe no que tedes que xulgar o parque escultórico como elemento enriquecedor dos valores que xa ten per se a torre.

Para facelo escolleredes 4 esculturas, de tema grecolatino e celta, e as novas portas monumentais, e explicaredes o seu significado. Despois explicaredes a Rosa dos Ventos (espacio simbólico dos países celtas) e a Casa das Palabras (antiguo cementerio musulmán para soldados do exército nacional durante a Guerra Civil) como espacios para a interculturalidade e a convivencia ao pé da torre. Finalmente redactaredes unhas conclusión onde se valore altamente o parque escultórico como elemento que reforza o valor único e universal da torre.


RECURSOS


Evidentemente a visita con cámara de fotos ou equivalente é imprescindible. Nestes enlaces atoparedes información para respostar as preguntas e poder resolver a gran pregunta con eficacia.

http://centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/departamentos/grego/hercules/hercules.htm

http://www.coruna-virtual.com/torre-hercules/3-28-26-28.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Breog%C3%A1n

http://www.fuesp.com/revistas/pag/cai0309.html

http://www.viajeros.com/diarios/la-coruna/torre-de-hercules-de-la-coruna-mitos-leyendas-e-historia

http://www.culturaclasica.com/cultura/faros_en_hispania.htm

http://www.youtube.com/watch?v=oC9a-iJ7ZnE


AVALIACIÓN

O traballo debe compartise co profesor por Google Docs.
Cada Pregunta:1,25 puntos
A Grande Pregunta: 5 puntos


No hay comentarios: