viernes, 20 de marzo de 2009

Meme limonada


O meu profesor de TICs Sergi Ferrús hónrame co envío deste meme, cousa que lle agradezo dobremente dado que descoñecía absolutamente o asunto e porque, con este calor inesperado, a verdade é que apetece unha fresca limonada, e compartila despois con bos amigos blogueiros.

As normas son:

1. Pór o logo no post ou no blog.

2. Nomear polo menos a outros 5 blogs que mostren gran Actitude e/ou Gratitude

3. Asegurarse de enlazar ben aos nomeados no post.

4. Facerlles saber que recibiron este premio mediante un comentario no seu blog.

5. Esparcir o amor e non esquecerse de enlazar a quen che premiou.

And the nominees are...

María Xesús, laureada e premiada blogueira pioneira do IES María Casares
Inés, vella blogueira tamén, aínda que nova no IES María Casares
Gaetano, vellísimo blogueiro do Bel Paese
Susana, recentísima blogueira, coma min, mais xa unha referencia.
O quinto dedicoo a todos os blogs que sigo e que me iluminan constantemente co seu bo facer e a súa calidade. Grazas a todos, sen facer distingos.

5 comentarios:

domenechino dijo...

A verdade é que con tanto invitar veume a mín tamén a gana dunha limonada

gaetano dijo...

Muito obrigado, Fernando Domenechino.
Mil gracias por el refresco.
A ver si ahora encuentro un poco de tiempo para proseguir la cadena.

¡Qué lindo y qué rico tu joven blog!

Susana Losada dijo...

Moi agradecida pola invitación.Unha limonada é perfecta para facer novos amigos. Bicos

María Xesús dijo...

thank you very much, Fernando. Hoxe xa non vai tanto calor pero sempre se pode tomar a limonada "do tempo". E procurarei contribuír a que o amor siga expandéndose, que falta fai. Bicos

ines dijo...

Obrigada polo convite (e que como estou no Porto...) xa o mirarei con calma cando volva.