domingo, 22 de noviembre de 2009

As palabras e a historia (11) : "Mandar ao ostracismo"


A orixe desta expresión está nunha das leis que a Asamblea ateniense promulgou a instancias de Clístenes cando se aboliu a tiranía de Prisístato e o seu fillo Hipias, a finais do s. VI a.C. A lei establecía a pena de desterro para aqueles políticos que foran culpábeis de acumular un exceso de poder.
O término ostracismo procede da forma na que se levaba a cabo esta condena, que era mediante votación. Empregábanse, no canto de papeletas, un anaco de vaixela de barro. Estes anacos reciben en Grego o nome de óstracas. A rúa dos alfareiros estaba ao pé da Acrópolis.
Unha vez ao ano, plantexábase nunha sesión ordinaria da Asamblea o tema do ostracismo. Os cidadáns, cun obxecto punzante, grababan na óstraca o nome do que consideraban merecedor do castigo. Para que a condena se puidese levar a cabo, precisaban 6.000 votos, que viñan a ser aproximadamente os dous tercios do censo de cidadáns.
Algúns dos grandes protagonistas da historia de Atenas víronse sometidos a esta condena como Arístides, Temístocles e Cimón.

Actualmente relegar a alguén ao ostracismo é non o ter en conta, ningunealo. Tamén é aplicado na política.
Un exemplo da utilización desta frase hoxe en día, está nunha publicación dun diario deportivo dixital, Ovación, nun artículo nomeado "El cubano Rigondeaux vuelve del ostracismo."
A expresión condear ao ostracismo utilízase tanto en francés (frapper d'ostracisme) como en inglés (ostracize)
Foto: Óstraca que contén o nome de Temístocles, sobre o 490-480 a. C. No museo do Ágora antiga de Atenas.

No hay comentarios: