viernes, 12 de febrero de 2010

Insultos e linguas clásicas (1): atrabiliario

Despois da serie "As palabras e a historia", que continuará o curso que ven, porque hai que variar un pouquiño, iniciamos esta adicada ao apaixoante mundo do insulto. Insultos hainos a moreas, aquí só falaremos dos que teñan relación etimolóxica coas linguas e a cultura clásicas. E sen máis preámbulos comezo eu falando dun fermosísimo insulto, fermoso non polo significado, senón polo seu trasfondo etimolóxico e cultural: atrabiliario.

Do latín atra bilis, dise da persoa de carácter colérico e irascible. A veces pódese referir tamén as persoas melancólicas. Calquera dos dous significados remontan á teoría hipocrática dos humores segundo a cal, o corpo humán esta formado por cuatro "humores" ou líquidos, que el indentificou como sangue (en latín sanguis, -inis), flema (en grego e en latín phlegma), bilis amarela (en grego kholé) e bilis negra (en grego, melan kholé, e en latín, atra bilis). A persoa sana debería ter compensados e en equilibrio estes catro, polo que a enfermidade viría da descompensación de un o varios deles.
Teofrasto e outros autores relacionaron esta teoría coa diversidade de caracteres das persoas, de xeito que o temperamento sanguíneo é o do suxeito que reacciona en forma rápida e enérxica, cuxo humor dominante é o sangue; o flemático é o tranquilo, que reacciona en forma lenta, cuxo humor esencial son as flemas e outras secreciones mucosas; o colérico é o individuo definido polo predominio da bilis amarela ou kholé, e o melancólico é aquel en o que a bilis negra (atra bilis) é o humor fundamental, dado á tristeza e á meditación.
Nese sentido atrabiliario debería ser stricto sensu sinónimo de meláncolico, pero nun dado momento pasou tamén a significar colérico, que é o seu significado máis habitual.
É un adxectivo usado en outras linguas: atrabiliario en castelán, atrabilious en inglés e atrabilaire en francés.
E falando de francés, non deixaremos de citar que o adxectivo atrabiliario aparece no título dunha das máis famosas obras de Molière: O misántropo ou o atrabiliario namorado (Le Misanthrope ou l'Atrabilaire amoureux, 1666). Molière usa atrabiliario como sinónimo de misántropo; imaxinámonos logo a alguén hosco, antipático, pero non tanto por mor dun carácter violento e destemplado senón máis por pesimismo existencial.
Un dous atrabiliarios máis famosos dos últimos tempos foi o escritor Francisco Umbral ao que podemos ver en plena exhibición deste carácter na súa famosa escena televisiva con Mercedes Milá que pasou á cultura popular co nome de "mi libro".

No hay comentarios: