Idiota, dise de quen, sen fundamento, é engreído e pagado de si. Suxeito de cortos alcances que vive alleo á súa torpeza e dá en crerse unha lumbreira.
Este insulto provén do grego ἰδιώτης, idiōtēs, de ἴδιος, idios (privado, un mesmo).
Referíase a aquel habitante da polis que tiña dereitos pero non participaba na vida e na política pública.
Pouco a pouco, o seu significado foi derivando ata "dise de aquel que non ten ningún oficio en concreto nin coñece arte algunha" ata chegar significar o que nós entendemos hoxe por idiota.
Antano díxose de quen padecía idiocia, unha enfermidade mental que consiste na ausencia case total, nunha persoa, das facultades psíquicas e intelectuais.
Esta palabra existe en castelán, galego, inglés, alemán, italiano, catalán, francés, neerlandés, húngaro, noruego, polaco, portugués e ucranián.
Nestes artigos de El Mundo, El Periódico e La Voz de Galicia vemos o uso do adxectivo idiota.
Sprite ten algo que dicirvos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario