lunes, 20 de diciembre de 2010

Insultos en Linguas Clásicas: Importuno


Importuno : Persoa que incomoda e molesta cos seus plans, pretensións, preguntas ou accións ridículas e extemporáneas; suxeito enfadoso e pexigueira, mosca colloeira que da a lata con machacona insistencia pretendendo favores ou solicitando algo.
Provén do latín inopportunus = que non se concilia con lugar e tempo, mal ubicado.
O andaluz Antonio de Nebrija, de finais do XV, da ó término o significado de "sin tempo, importuno".
Hoxe en día non se usa, predominando en tódolos casos calificativos coma pesado, pelma, coñazo.

Covarrubias dí no seu Tesoro (1611):
Importunar: pedir algunha cousa porfiada e ahincadamente; e de aló (díxose) importuno, o porfiado, semexante ó navío que anda dando bordes na riveira e nunca acaba de tomar porto.
En inglés existe o verbo relacionado importune.