Logo dun longo período de silencio, debido a unha licenza por estudos do
profe que subscribe, retomamos a nosa actividade cunha última tanda
de posts deste curso.
Tratará, como di o título, sobre Xeometría e Linguas clásicas. Por que algo aparentemente tan árido, tan lonxe dos aloumiños da Mitoloxía, e outras delicias que estudamos nas nosas materias? Seguramente non son o único do nosos lectores ou dos alumnos que algunha vez se preguntou en clase de matemáticas "pero por que demo lle chaman a isto "secante", é que seica "seca" algo, é unha nova versión do papel Scottex? A resposta, como en tantas ocasión, atópase no Latín e no Grego. Non aclaro agora o tema da secante, porque non lle quero roubar ao alumno a quen lle toque o pracer de explicalo el ou ela mesmo. Si que explicarei as palabras que aparecen no título "abscisas e ordenadas".
A palabra abscisa vén do latín abscisus-a-um, que significa "cortado", "cortada" e á súa vez do verbo scindo ("cortar, separar"). Segundo Etimologías de Chile o latín abscissa linea, "liña cortada" referíase ao que hoxe chamamos "eixe das abscisas", é dicir, o eixe respecto do cal mídese, nos sistemas de referencia cartesianos, a coordenada horizontal, que se quedou co nome de abscisa polo feito de ser "cortada" pola coordenada vertical, chamada "eixe das ordenadas".
Ordenada ven do latín ordinātae linĕae "líñas paralelas" e aplícase no plano cartesiano ao eixe vertical que corta o eixe de abscisas nun punto chamado orixe.

Imaxe: Aula Facil.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario