sábado, 19 de mayo de 2012

Xeometría e Linguas Clásicas: acutángulo


A palabra acutángulo ven do adxectivo latino acutus, que significa "puntiagudo", "afiado", "agudo"... e do substantivo latino angulus, que significa "ángulo". Un triángulo acutángulo sería aquel que teña os seus tres ángulos menores de 90 º, é dicir, agudos. Dentro deste grupo podemos distinguir dependendo de se os seus ángulos son iguais ou non, triángulos acutángulos escalenos, equiláteros ou isósceles.

Outras palabras relacionadas con acutus son acupuntura  ou acute en inglés; con angulus, angular, angulómetro, anguloso ou en inglés angle.
                                                                                                 
Imaxe: concepcionabraira.wikispaces
Borja Roo Bravo 4º ESO B  @BorjaRooBravo