martes, 22 de mayo de 2012

Xeometría e Linguas Clásicas: hipotenusa


a = hipotenusa
A palabra hipotenusa vén do grego ὑποτείνουσα. Está formada polo prefixo ὑπο- (hipo-, "debaixo de"), -τείνο- (teino, "alargar") e -ουσα (-ousa, que indica participio feminino). Segundo a Wikipedia, outros autores din que o significado orixinal en grego podería proceder dun obxecto que soportaba algo, ou da combinación de hipo, "debaixo" e tenuse, "lado".

Segundo Etimologías de Chile, os primeiros xeómetras (de "xeometría") gregos encargábanse de medir as terras. Para iso dividían o terreo en figuras xeométricas tensando cordas atadas a unhas estacas chamadas kéntron. Hypoteino, a palabra da que vén o participio hypoteinousa, significaba en grego "tensar fortemente" e referíase á distancia obtida tensando a corda entre os extremos dos dous catetos do triángulo.

Outras palabras co prefixo hipo- son hipotensión, hipotermia, hipodermis, hipocondríaco... O termo neotenia ten tamén a raíz teinein.


 Celia Segade Quintas, 4ºB

No hay comentarios: