lunes, 4 de junio de 2012

Xeometría e Linguas Clásicas: esfera

A palabra esfera vén do grego σφαῖρα (sphaera en latín) que significa "pelota" ou, como indica a propia palabra en castelán, "esfera". Segundo a Wikipedia empréganse de maneira coloquial palabras como "bola" ou "globo" para describir un volumen esférico.


Na xeometría, unha esfera é un corpo xeométrico limitado por unha superficie curva pechada cuxos puntos son equidistantes a outro punto interior da esfera denominado centro.
A palabra esfera tamén é a superficie do reloxo onde están indicadas as horas e sobre a que xiran as agullas ou unha condición social ou rango dunha persoa ou grupo.

Algunhas palabras relacionadas con esfera son: atmosfera, esferoide, estratosfera, hidrosfera, biosfera, xeosfera... A palabra esferómetro tamén ten relación.


Marta López García 4º ESO B

No hay comentarios: