lunes, 30 de noviembre de 2009

As palabras e a historia (25): "Cortar o nó gordiano"

A verdade mitolóxica da expresión "Cortar o nó gordiano" reside nunha lenda, que conta que o oráculo de Sabazios, no século IX a.C., anunciou aos frixios, que estaban no medio dunha guerra civil e sen rei, que debían de coronar ao primeiro home que entrara na cidade nun carro tirado por bois. Este home foi Gordias, que ía a consultar ao oráculo se o feito de que unha águia se lle pousara no brazo podía ser sinal de que se ía converter en rei. Unha vez proclamado rei de Frixia, fundou a cidade de Gordio. En sinal de agradecemento, ofreceu ao templo de Zeus o seu carro e atou a lanza e o xugo cun nudo no que os extremos encontrábanse acochados no interior e tan complicado que ninguén era capaz de soltalo.
Un oráculo predixo que só quen lograra desfacer o nó, sería quen de conquistar toda Asia. Quen o intentara vanamente estaría condenado ao fracaso. No ano 333 a.C. , Alejandro Magno, disposto a conquistar o Imperio Persa, acadou a cidade de Gordio e atopouse co famoso nó. Para evitar as reticencias do seu exército desenvainou a súa espada e cortouno.
Actualmente, "Cortar o nó gordiano"significa resolver un problema de gran dificultade mediante unha acción simple e sen contemplacións.
Esta expresión tamén se usa en inglés e en francés.
Un exemplo do uso actual desta expresión podémolo atopar no diario El Mundo nun artículo de Tom Burns Marañón.

Foto: Cuadro de Jean-Simon Berthélemy, que representa a Alejandro Magno cortando o nó gordiano.

No hay comentarios: