martes, 22 de diciembre de 2009

Reporteiros artísticos


Recentemente os alumnos/as de 2º de bacharelato foron a Madrid na clásica viaxe cultural que se celebra todos os anos no noso centro. Alí tiveron ocasión de visitar o Museo do Prado e a exposición de moda en Madrid: As bágoas de Eros no museo Thyssen. Magnífica ocasión para preparar toda unha serie de posts sobre os moitos cadros relacionados co mundo clásico que tiveron oportunidade de ver. En concreto, os cadros de temática romana das novas salas do século XIX do Prado e os cadros de inspiración clásica da exposición da Thyssen (no menos do 80% deles, toda unha invitación a pensar que a erótica na arte occidental é de inspiración clásica).

Déixovos, logo co goce da contemplación artística.

No hay comentarios: