lunes, 1 de febrero de 2010

Un novo blog, nado esta fin de semana

Compráceme moito anunciarvos o recente nacemento dun novo blog de aula. Considéroo coma un fillo de Per tritam viam, cuxa experiencia aproveitará con toda seguradide. Nace como un blog para a Sección Bilingüe de Cultura Clásica, polo que a súa lingua de expresión será o inglés, polo menos no que se refire aos post, que xurden fundamentalmente como apoio ás aulas. Obviamente se alguén quere deixar algún comentario e non se sinte cómodo coa lingua inglesa, preferimos que o escriba na que queira a que non escriba nada, iso está claro. Mais tamén que saiba que isto é un espazo para a aprendizaxe, non para o lucimento persoal de ninguén, polo que non vos cortedes en facelo en inglés, se dunha cuestión de timidez se trata ;-)

Chámase "land of potters" en honor ao concello onde está ubicado o IES María Casares. Preferiría simplemente "potters", mais xa estaba pillado... Aínda que é moi noviño, xa ten cara e ollos e xa podedes ler algunha colaboración de alumnos, e facer algunha das actividades propostas. Nos próximos días irán aparecendo máis cousiñas que están no forno nestes momentos, e éncheme de satisfación dicir que son feitas polos alumnos fundamentalmente.

Desexamos que teña unha acollida tan boa coma a do seu proxenitor; que non vos asuste o do idioma empregado: é unha boa oportunidade para todos de practicar, de desoxidar eses ingleses durmintes nos loureiros dende COU (aquí falo dos da miña quinta, obviamente :-), de perder esa vergoña atávica coas linguas estranxeiras que todos temos.

Veña, ¿a que esperades? Premede a ligazón e darvos un saltiño por alí, a ver que vos parece.

Unha aperta para tod@s.

2 comentarios:

Daniel Lagoa dijo...

Boa sorte, nesta nesta nova aventura que emprendedes, compañeiros. Ou mellor, para ir practicando: good luck, friends! ja,ja,ja.

chelo dijo...

Non sei se recordas que eu son de francés e o inglés quédame grande, pero, de todos os xeitos, gústame a túa iniciativa. Que teñas sorte!.