
Entendemos como hipócrita a unha persoa simuladora, sinuosa e falsa que finxe o que non sinte aparentando o que non cre. É un individuo retorcido e trepa, capaz de calqueira cousa con tal de medrar. Ladino e falaz, que pode ter a alguén enganado durante moito tempo, mostrando unha cara ou outra co único e exclusivo fin de acadar vantaxes ou beneficios para sí.
Este termo é derivado da voz neogrega ipocrisis que é a acción de representar un papel.
Tamén do grego hipocrités que significa actor.
Nos textos relixiosos dise daquel cuxos actos contradín a devoción que se finxe.
He aquí un exemplo do uso actual desta palabra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario