sábado, 11 de diciembre de 2010

A mitoloxía en Marvel Cómics



Marvel é unha editorial de cómics norteamericana, especializada nos super heroes e coñecida como “a casa das ideas” e fundada en 1939 por Martin Goodman, baixo o primero nome de Red Circle Comics, dende onde logo evolucionaría ata o seu nome actual, pasando previamente por outros como Atlas Comics ou Timely Comics.
Durante toda a súa andadura, Marvel tivo sempre presentes tanto ós heroes e ós deuses de moitas mitoloxías, como ós escenarios destas.
Lendo algunha das súas publicacións podemos atopar personaxes como Thor, o seu irmán e inimigo Loki, Odín, Tyr, Jörmundgandr, Heimdall, as Walkirias (deuses e personaxes da mitoloxía nórdica), Quetzatcoatl (da mitoloxía azteca), Hércules, Ares, Zeus, Eneas(da mitoloxía grega e romana) ou Mephisto, un demonio da tradición católica e cristiana.



Thor                                Ares                                  Eneas


O Hades, o inframundo na mitoloxía grega, aparece nos cómics visitado non só polos seus heroes correspondentes (como poden ser Hércules ou Eneas) senón tamén por Loki, o irmán de Thor e por personaxes como os Vengadores, ideados polos guionistas da editorial.

E así un sinfín de personaxes e escenarios saídos das diferentes mitoloxías antigas que a firma norteamericana utiliza nas súas publicacións.


Cel Varela.



1 comentario:

Domenechino dijo...

Celia, non adoito facer aquí comentarios dos posts, dado que xa o fago avaliándoos. Non obstante, quero agradecerche nesta ocasión este interesantísimo post feito, como se diría á latina "gratis et amore".