domingo, 19 de diciembre de 2010

Unha interesante audioguía de Roma


Seguramente haberá moitos entre os lectores de este blog que teñan in mente viaxar nun futuro non moi lonxano a Roma. No caso dos profesores a preparación é particularmente complexa (dígoo por experiencia propia), co que se fai necesario contar con boas ferramentas de traballo durante a mesma.


Recentemente caeu nas miñas mans unha audioguía de Roma que pode servos de moita utilidade tanto na preparación como no momento mesmo da viaxe. Esta guía de Roma en mp3 ten unha duración total de 22 horas e inclúe a explicación duns 60 monumentos de Roma en forma de visita guiada, dun modo moi parecido a como o farían  un guía o as audioguías que nos alugan nos museos. Acompaña á guía un libriño con gráficos moi sinxelos en claros que permiten unha comprensión global do que se está a oír. Os mesmo autores elaboraron un páxina de Historia de Roma pensada como preparación á viaxe a Roma para turistas pouco versados en historia, cos textos que se inclúen na audioguía. Pero serve tamén para quen queira obter unha rápida visión de conxunto da Roma Antiga. Nese sentido creo que podería ser de interese incluso para os nosos alumno. 


 Na súa páxina web hai tamén unha sección con información práctica para preparar a viaxe a Roma: atopamos un sinxelo  mapa de Roma, que nos axudará a planificar a viaxe dende casa, información sobre o transporte, restaurantes en Roma, etc. 

1 comentario:

Anónimo dijo...

y si o, siempre puedes contratar una guía estupenda que hable, mitad italiano, mitad españolo!!!

buon viaggio!!