lunes, 28 de noviembre de 2011

Chiron en Compostela 2011



Moitas son as reflexións que me veñen a cabeza despois desta segunda edición de Chiron en Compostela. A primeira é como creceu en todos os sentidos esta comunidade en recursos, en número de blogs, encontribucións de todo xénero, en membros e sobre todo, no bo facer. Nestes últimos anos participei en diversos cursos, seminarios dedicados á Web 2.0 ou que usaban o formato Moodle, e teño que dicir que a diferencia de "nivel" é mais que considerable a favor dos nosos centauros. Tal vez sexa que o seu proceso de mellora é paseniño e discreto e un case non se decata, pero visto de lonxe os estándares de calidade nos que se moven son dunha enorme altura.
A segunda reflexión non é por mais que coñecida digna de non ser citada: a unión fai a forza. Parece mentira que algo tan sinxelo de entender coste tanto poñelo na práctica, pero esta é sen dúbida unha das leccións indiscutibles dos chironianos.
A terceira é de tipo persoal, e referida aos progresos que eu mesmo fixen no ámbito das novas tecnoloxías dende o primeiro curso de Chiron, onde cheguei "ágrafo dixital", se se me permite utilizar esta expresión. É obvio que estou a anos luz dos meus profes chironianos pero se me tomo a min mesmo como referencia, é longo o camiño andado.
En fin, para que os que me len saiban que tipo de cousas se fan nestes cursos e quen son os que obran estes miragres en nos, déixovos coa estupenda descrición que do curso fixo a miña vella camarada e amiga Susana Losada, Aspasia, cumprindo así uns dos lemas da 2.0 "¿para que facer duas veces o que xa está perfectamente feito?"

"Non hai dúbida de que Chiron, esta gran comunidade do centauro ocupa un lugar moi destacado no noso PLE, un dos novos concepto que aprendemos que non é outra cousa que unha reflexión sobre como é o noso proceso de aprendizaxe.
No breve tempo da fin de semana, tivemos oportunidade de aprender dos grandes centauros en directo. Por moitas marabillas que faga a rede, nunca poderá suplir o calor da presenza físca coa virtualidade omnipresente. Así disfrutamos de Sebastià Giralt (Labyrinthus, Els dies de Dèdal) que nos ensinou trucos para o tratamento de imaxes. Para moitos de nós a súa macrogalería de Flickr é un pracenteiro paseo por todos aqueles museos aos que nonpuidemos ir. Con Carlos Cabanillas (ExtremaduraClásica), o pai dos centauros, e @ubibene en twiter, moitos de nós comezamos a twiteare facer círculos en Google +. Se poñemos neste post todos os sitios de Margalida Capellà (El Fil de les Clàssiques, Aracne fila i fila ....) non acabaríamos. Con ela coñecimos novos axudantes de tradución e importantes bibliotecas virtuais que nos axuden na árdua tarefa de escoller textos.
Luis Inclán (http://doceoetdisco.blogspot.com) achegounos novas ferrramentas para publicar na web, ademais de blogs e wikis que xa coñeciamos. Así naceron tímidos intentos en scoop.it para recoller e almacenar novas que teñan que ver coa cultura clásica. Álvaro P. Vilariño (http://divesgallaecia.blogspot.com), o mega centauro galego, e Olga Díez (http://labryx.blogspot.com) descubríronos como facer de xeito rápido e sinxelo pasatempos e como mellorar as nosas aulas virtuais con cuestinonarios.
Falar de Ana Ovando (http://voxgraeca.blogspot.com) e o seu traballo requeriría un post á parte. Algúns dos enlaces imprescindibles deste blog son obra dela. No curso só nos amosouso un chisco do seu bo facer e como seleccionar a información que nos chega mediante marcadores sociais google reader e outros. A pesares de todos estes filtros, ás veces é difícil evita a "infoxicación".
E xa para rematar, Juanvi Santa Isabel (http://assessoria.zoomblog.com/) espúxonos o labor da Domus Baebia Saguntina e o traballo dos talleres de Sagunt, que nós tivemos a fortuna de disfrutar. Por si esto non fose pouco, organizou unha auténtica festa cos seu talleres: fixemos fíbulas, bulas, abanos, mosaicos... bebimos auténtico mulsum de fabricación propia. É un pracer poder escoitar en directo a Juanvi, é imposible non contaxiarse co seu entusiasmo."

En fin, vedes que agora quedan por diante moitas horas de traballo e reflexión para asimilar todo isto, pero amodo, esa é unha lección que teño ven aprendida. O importante é o entusiasmo contaxioso destes centauros incansables e de compañeiros que non lles importa privarse do descanso dunha fin de semana para procurar que as súas aulas sexan as que corresponden ao século XXI e que non se cumpra aquilo de "temos un sistema académico do século XIX, impartido por profesores do XX a alumnos do XXI". E para que vexades como van pasando os anos por estes profesores do século XX déixovos aquí esta ligazón con fotos do evento, seguro que algún que otro lector coñece a varios dos participantes...
Xa remato, aínda que xa llelo expresei en persoa a eles quero facer aquí, coram reti o meu mais profundo e sinceiro agradecemento a todos os membros de Chiron, que fixeron posible este encontro, á Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos, e en especial a Álvaro P. Vilariño como organizador galego do mesmo.

6 comentarios:

Ana dijo...

Me encantó poder verte de nuevo. Lástima que el intenso programa no nos permitiera compartir más ratos de conversación, otra vez será. Muchas gracias por estar ahí, tu entusiasmo es contagioso y nos anima a todos los que te leemos. Nos seguimos leyendo.

domenechino dijo...

Muchísimas gracias, Ana! Ayer me pasé la tarde entera preparando un Google Reader "niquelao". Ahora sí he entendido bien el sentido de esa herramienta y le voy a sacar mucho partido. A lo mejor fuiste tú con tu eterna sonrisa quien me lo hizo ver tan claro :-) Ahora voy a por el Google Group que aún no lo veo del todo claro.
Gracias por todo, una vez más, y nos leemos por estos lares informáticos.
Un petonet

Fendetestas dijo...

Estupenda crónica, Fernando, e inmellorable recompilación dos materiais e dos enlaces... cópiocho tal cual para poder acceder a todos eles. Gratiae multae

Luis Inclán dijo...

Me alegró mucho volver a verte al pie del cañón. Seguro que la próxima vez (si la hay) dominarás hasta... el catalán.
Un abrazo.

domenechino dijo...

Graciñas Xurxo, pero a maioría das ligazóns debémosllas a Aspasia

domenechino dijo...

Luis, tú sí que estás al pie del cañón, cuando muchos de tus compañeros coetáneos están pidiéndole al árbitro el final del partido. Eres un ejemplo para todos nosotros.
Lo del catalán es una vieja aspiración, me encantaría, la verdad.