Greek Street é un cómic americano, escrito por Peter Milligan e ilustrado por Davide Gianfelice, ambentado no Soho.
O cómic, cun total de 16 números, publicouse entre setembro de 2009 e outubro de 2010, e actualiza as vellas historias da mitoloxía grega.
O personaxe principal é Eddie, o cal se ve envolto nunha serie de sucesos que o sitúan no punto de mira tanto como da familia mafiosa Fureys e do detective Dedalus.
No cómic atopamos constantes identificacións dos personaxes, facendo referencia, mediante os seus nomes é accións á mitoloxía.
Eddie é Edipo o mítico rei de Tebas que, como Eddie, tivo relacións coa sua propia nai.
Nalgúns números podemos encontrar ás Tres Mulleres Tolas, que actualizan a imaxe das Ménades, as seguidoras e compañeiras de orxía do deus Dionisio.
Un dos escenarios máis frecuentes en Greek Street é o clube de striptease da familia Fury (os cales identifícanse coas Erinias, tamén chamadas na mitoloxía romana Furias) onde, Chantel, a stripper máis destacada, conta un prólogo irónico ao principio de cada capítulo; e onde as strippers cumplen, no seu conxunto, a función dos antigos coros de teatro grego.
Nunha das tramas aparentemente paralelas, Sandy, unha moza que ten visións, aparece como unha modernización de Cassandra, xa que, a pesar do seu don, ningún cre os seus pronósticos, tal e como ocurría na historia orixinal.
E así un sinfín de referencias, non só dos personaxes, senón tamén da trama de Greek Street, a unha mitoloxía antiga que, aínda que moitos crían xa olvidada, todavía ten a capacidade de embelesarnos e fascinarnos.
Celia V.
No hay comentarios:
Publicar un comentario