As aguias de Roma
As aguias de Roma é un libro que ten dúas partes repartidas en dous libros, parte I e parte II.
As aguias de Roma I está ambientada na Roma de Augusto e conta a batalla da conquista dun pobo feita polos romanos, que estaban ó mando de Claudio Druso Nerón.
Os romanos conseguen que os bárbaros asinen un pacto que inclúe reter como rehén ó xoven príncipe Ermanamer.
Ermanamer terá que criarse coma un romano máis, e xa cando se faga maior, pretenderán convertilo nun romano feroz. Pero Ermanamer se cría có fillo do xeneral, Marco, o cal espértalle certa rivalidade.
O xeneral será o mellor profesor para eles, o máis esixente, que, rematará por darlle os mellores adxectivos ó bárbaro e non ó seu fillo.
Marco e Ermanamer foron rivais dende un principio, pero có paso do tempo rematarán por converterse en grandes aliados.
As aguias de Roma II é unha publicación histórica que continúa á parte I que se esperou a que saíse case un ano.
Marco e Ermanamer creceron xuntos, e, como apuntei antes, chegaron a ser grandes amigos, pero cando a Ermanamer, destinárono a loitar a Xermania, Marco estaba namorado e non quixo acompañalo a facer a súas aventuras guerreiras.
Acto seguido, Marco contrae matrimonio pola obriga do seu pai, e vaise loitar ás fronteiras do seu imperio.
Pasan 5 anos e Marco ten que ir a Xermania, posto que se oen certos rumores dunha revolta contra Roma. Alí atopábase Ermanamer, polo tanto Marco terá que vixiar ó seu propio amigo.
Características do libro:
· Calidade gráfica impresionante.
· Debuxo excelente, dinámico e con movemento.
· Cambio constante nas viñetas.
Autor:
Cómic escrito por Enrico Marini gran autor italo-suízo recoñecido polas aventuras e pola ambientación que crea nas súas obras, e gran debuxante. E é que Marini é un debuxante experto, non guionista, ata o de agora.
Fontes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario