300 é o título da novela gráfica de serie limitada publicada orixinalmente en cinco números, creada polo guionista e debuxante Frank Miller, coa colaboración de Lynn Varley nas cores.
É a recreación dun suceso histórico que pasou á lenda como prototipo do acto heroico. No 489 a.C, apenas tres centenares de soldados espartanos, acaudillados polo rei Leónidas, frearon o avance de decenas de miles de tropas persas baixo o mando do Emperador Xerxes, o monarca máis poderoso do planeta. Para conseguilo, os espartanos entregaron as súas vida na defensa doestreito paso das Termópilas, onde a superioridade numérica persa quedada reducida á súa mínima expresión, pero con iso conseguiron unha vantaxe estratéxica para o exército grego que facilitaría a posterior derrota dos persas, preservando así a civilización occidental dos bárbaros asiáticos.
A obra converteuse en certo modo nun precendente en historieta do que o director Ridley Scott fixo pouco despois coa película Gladiator (2000): unha obra que retomaba un xénero totalmente abandonado en Estados Unidos (o histórico), e o facía ao grande, da man dun autor xa plenamente consagrado. Seguindo a analoxía, e como pasou con Gladiator, a industria recibiu a aposta cunha salva de premios, e nos Premios Eisner de 1999, 300 arrasou cos premios á Mellor Serie Limitada, Mellor Guionista/Debuxante e Mellor Cor. É dicir, algo así coma se tivese gañado o Óscar á Mellor Película, o Mellor Director e a Mellor Fotografía. En España, 300 levouse o Premio á Mellor Obra Estranxeira no Salón do Cómic de Barcelona de 1999.
No que respecta ás características formais, 300 tamén é pouco común, xa que Miller concibiu cada dobre páxina da súa edición en comic-book coma se fose unha soa prancha. A súa posterior recompilación en libro de tapa dura (formato elixido directamente para a súa publicación en Europa) converte esas dobres páxinas en páxinas únicas en formato apaisado, o que o converte nun cómic atípico xa dende a súa mesma presentación física.
AUTOR:
Frank Miller (EUA, 1957) é un dos autores máis influentes do cómic mundial dos anos 80 e 90, coñecido abrigo por redefinir e insuflado nova vida durante os anos 80 a Daredevil e Batman, dous personaxes "urbanos" emblemáticos de Marvel e DC, nos que traballou repetidamente ao longo dos anos, . Durante os 90 dedicouse principalmente a obras de creación propia entre as que destacan a serie de xénero negro Sin City e o cómic épico de ambientación histórica 300, ambos os dous adaptados con éxito ao cine.

POLÉMICA:
Tanto o cómic coma a súa adaptación cinematográfica xeraron unha ampla controversia, acusándose a Frank Miller de retratar os persas como salvajes, e de imprimir á obra un forte compoñente xenófobo. Ademais foi criticada polo seu cuestionable rigor histórico, mesmo por outro dos grandes xenios do medio, Alan Moore. A película, mesmo, foi obxecto de polémica internacional con Irán, dende onde se acusaba ao filme de propaganda do mundo occidental contra o oriental.

No hay comentarios:
Publicar un comentario