As aventuras de Álix son unha serie de cómics, trinta para ser exactos, que foron publicados na revista Tintín desde o ano 1948. Posteriormente tamén foron publicados nas revistas Lombard e Casterman.
É unha popular serie de cómics franco-belga feito en forma de Liña Clara por un dos maestros deste tipo de cómic, Jacques Martin. Este cómic móvese ao redor dun mozo romano chamado Álix, na tardía República Romana. Aínda que a serie é coñecida pola súa exactitude histórica, Álix foi tamén coñecido por aparecer en situacións de ata dous séculos posteriores á súa época. As historias ocorren en lugares coma a mesma Roma, Galia, a frontera con Alemaña, Mesopotamia, África, Asia menor... Nunha delas ata chegan a China.
Álix: o heroe do cómic
Enak: compañeiro de Álix
Arbaces: o enimigo de Álix e Enak
Julio César: amigo e protector de Álix
Pompeio: o rival de César, que quere eliminar a Álix
Vanik: o sobriño de Álix
Astorix: un cacique gálico, pai de Álix
Honorus Gala: gobernador romano, amigo fiel de César
Argumento:
Álix é un mozo impresionante, sen medo a nada, xeneroso e dedicado sempre a boas causas. Naceu en Galia e posteriormente foi separado dos seus pais e vendido como escravo, e máis tarde foi adoptado por Julio César. Por culpa deste contexto, Álix crises de identidade e lealtad, especialmente no contexto do nacionalismo Francés de Vercinxetórix. A partir da súa segunda aventura, Álix é acompañado por Enak, un orfo de Exipto de catorce anos, que será o seu compañeiro. Álix encontra a moitas mulleres moi amorosas, pero as rechaza a todas(a lei de 1949 de literatura infantil que di que non se pode ter unha "compañeira" influiu nisto).
Autores: Este cómic tivo varios autores, aínda que xa destaquei a Jacques Martin(foto da esquerda) antes, tamén veome obrigado a nombrar a Rafael Morales, que foi asistente de Jacques xunto con Mark Henniquiau desde 1998, e tamén François Maingoval(2006) e Patrik Weber.
No hay comentarios:
Publicar un comentario