lunes, 19 de mayo de 2014

Linguas Clásicas e Medicamentos: "Silvederma" e "Aero-Red"


Cando Fernando, o noso profesor de latín, propuxo facer este traballo, pareceume un proxecto realmente interesante. Algo tan simple e familiar como un medicamento. Quen non ten un medicamento na casa? 

O que me pareceu realmente extraño e que nunca me detivera a pensar foi a procedendia dos seus nomes. Sorprendeume o abundante uso das linguas clásicas para a elección dun nome sinxelo, pegadizo, pronunciable en varias linguas, e sobre todo, eficaz.

A continuación comentareivos algunhas cousas de dous medicamentos con bastante sona: Silvederma e Aero-Red.


S I L V E D E R M A 

Silvederma é unha crema que se usa para o tratamento e prevencción de infeccións en queimaduras de segundo e terceiro grado, así como en úlceras varicosas e de cúbito. Esta crema contén sulfadiazina de prata, que é un antibiótico do grupo das sulfamidas (medicamento útil para o tratamento de infeccións).

Pertence ao laboratiorio Aldo-Unio, que foi o primeiro laboratorio farmacéutico (a nivel mundial) en comercializar dita sulfadiazina de prata mediante cremas (Silvederma crema), e mediante sprays (Silvederma spray).

Como non podería ser doutra maneira, neste medicamento tan recoñecido e tan común están presentes as linguas clásicas, concretamente o grego. Observemos os elementos lingüísticos que elixiron os responsables que diron nome a esta importante crema:
  •  der-m(ato) δέρ-μα/-ματος gr. 'pel'. Elixen referirse a parte do corpo en cuestión, á pel, utilizando a raíz grega, lingua científica por excelencia (xunto co latín). Esta raíz a podemos topar en palabras como equinodermo, esclerodermia, dermatoloxía, etc.

  • "Silve". Nesta ocasión, os creadores optan por acudir a unha lingua extranxeira moi internacional, o inglés. Céntranse na sulfadiazina de prata; concretamente en prata, e a traducen. Silver e prata en inglés. O motivo de elidir o "r" é simplemente, por unha cuestión de fonética.
A modo de anécdota e para finalizar, contareivos que Silvederma pode chegar a poñerse negra. Isto débese a que a sulfadiazina de prata ao poñerse en contacto co aire, torna de color. Por iso, é aconsellable tapar a pomada, cunha pequena gasa, por exemplo.


Imaxe: goo.gl/wkFGFR

A E R O - R E D 

Aero-Red é un comprimido masticable que pertence ao grupo de fármacos denominados antiácidos ou antiflatulentos. O hidróxido magnésico e o carbonato cálcico  son antiácidos que actúan neutralizando o exceso de ácido no estómago. O seu compoñente principal é a simeticona, que é un antiflatulento que actúa sobre a presencia excesiva de gases no tracto gastrointestinal facilitando a súa eliminación. Este medicamento ten páxina web propia, se queredes acceder a ela para ampliar información, clicade aquí.

Como xa fixen no medicamento anterior, agora procederei a analizar lingüísticamente os elementos do nome, un recurso comercial que inflúe moitísimo. Ás veces, non só se trata do producto de boa calidade, senón de algo tan sinxelo como o nome, ou outras cuestións, como a publicidade.
  •  Os responsables de asignar o nome, utilizan a raíz grega āerο- ἀήρ/ἀέρος gr. (sust.), 'aire', para referirse aos gases, concretamente, ás flatulencias. Esta raíz grega é moi utilizada, por exemplo en neoloxismos como: aerobio, aerocisto, microaerófilo, etc.
  • Igual que pasa na Silvederma, volven a recurrir a o famoso idioma, o inglés. E collen algo simple, sen complicacións, unha cor: a vermella (red é vermello en inglés). Gustaríame explicarvos o porqué da elección desta cor e non doutra, pero, malia o meu interese e a miña busca intensiva, non encontrei un motivo. Deduzo ou podo chegar a pensar, que é unha cor relacionada con esas situacións de agobio, nas que te atopas ao ter gases, por exemplo. Pero non o afirmo. Pensen vostedes e saquen conclusións.

Imaxe: goo.gl/xlZ3iK


Pola miña parte, non teño nada máis que engadir. Soamente agradecervos a lectura do meu primeiro post nun blog. Espero que vos fora de axuda e vos parecera interesantes algunha das cousas que escribín. Déixovos o meu twitter e se queredes, xa sabedes... seguídeme!

@AlbaSuarezFraga / Alba Suárez Fraga 4º ESO - B