martes, 23 de julio de 2019

Novos textos para o Latín de Bacharelato: A "Fabula de Homine" de Luís Vives

Recentemente a editorial Rinoceronte publicou a miña tradución do Discurso sobre a dignidade do home de Pico della Mirandola, acompañado dunha selección de textos de Marsilio Ficino sobre a mesma temática e a deliciosa Fábula sobre o home.



O comentario entusiasta de diversos compañeiros sobre que a sencillez do seu latín e o seu carácter lúdico e didáctico facían da Fábula un texto moi apto para traballar nas aulas de Latín do Bacharelato, levoume a publicar aquí a transcrición no texto en latín, dado que non existe ninguna edición moderna da mesma. Podedes atopala nesta ligazón  Que a desfrutedes nas vosas aulas!



jueves, 19 de junio de 2014

Linguas clásicas e medicamentos: Tranxilium.

Imaxe do autor.
O seguinte medicamento é o Tranxilium, pertencente ao grupo dos ansiolíticos. Estas pastillas están indicadas para tratar manifestacións leves de ansiedade ou insomnio. O Traxilium, dos laboratorios Sanofi Aventis, ten que ser utilizado dunha forma moi estricta, debido a súa alta concentración de clorazepato dipotásico.
A continuación imos pasar ao análise do nome:

O nome ''Tranxilium'' non ten unha procedencia latina ou grega real, senón que a persoa encargada de facer o nome quería inventar unha palabra que soara ben.

Así pois, colleu o elemnto ''tranx'' debido a que este medicamento é un ansiolítico, e esta partícula denota tranquilidade. Así, cando dicimos o nome en voz alta, podemos ter unha idea do uso calmante que ten o Tranxilium.
Despois añadiu a partícula ''ilium''. Con esto o que pretendía era darlle un algún detalle de procedencia latina ao nome do medicamento, xa que esto lle da un toque de distinción a este.


Linguas clásicas e medicamentos: Micoespec.

Imaxe: pulse aquí.
O medicamento que vou analizar é o Micoespec, unha pomada antifúngica dos laboratorios Centrum (Grupo Asac Pharma) que saíu á venda en 1981.
Esta pomada esta recomendada para tratar fungos dermatofitos e certas reaccións cutáneas, xeralmente a candidiase.
Agora vou pasar a explicar os elementos lingüísticos que levaron á creación deste nome:

''Mic(o), μύκης gr., 'fungo'.- Neste caso, os creadores do nome elixiron referirse ao nome do elemento tratado, roubandolle a raíz ao grego. Esta raíz a podemos atopar noutras palabras coma, por exemplo, actinomicosis, micólogo, micoplasma ou micorriza.

Esp- Collendo a referencia do Micoespec comprobaremos que foi creado en España, polo que as letras 'esp' fan clara referencia ao lugar no que foi fabricado o medicamento.

Ec- Esta pomada ten como principio activo o ecoezanol, polo que parece lóxico pensar que o elemento 'ec' provén das dúas primeiras letras desta palabra.''

Linguas clásicas e medicamentos: Pantobionta

Pantobionta é un medicamento que se presenta en forma de gragea que proporciona a suplementación nutricional en individuos con condicións de malabsorción. Tamén proporciona a vitamina C, vitaminas do complexo B, e outras vitaminas e cinc para complementar a inxesta dietética e a dificultade para absorber as vitaminas solubles en grasa como na fibrose cística.
Este multivitamínico fabrícase nos laboratorios Merck. A súa data de alta foi no 83 e 10 anos máis tarde deuse de baixa, polo que actualmente está anulado.
Os elementos lingüísticos que compoñen este medicamento son:
"Pan(to) gr., pan(tο)-, πᾶ-ν/-ντός". Este formante significa 'todo' ou 'cada uno' e aparece noutras palabras como páncreas, pandemia, pantofobia, etc.
Bionta-. En realidade este compoñente vén do lexema "bionte gr., -biōnt-, -βιῶ-ν/-ντος,'que vive', gr. cient. 'organismo vivo', que á súa mesma vez provén da raíz indoe., 'vivir'. 
Tres lexemas gregos teñen á mesma raíz: bio- βίος gr. (sust.),'vida'; zō(o)-, ζῷον gr. (sust.),'ser vivo', 'animal'; hygie- ὑγιής gr. (adj.),'sano'. 
Outros tres lexemas latinos tamén teñen a mesma raíz: uïta(m) lat. (sust.), 'vida'; uïu(ere) lat. (verbo), 'vivir'; uït(a)-am-ïn(a) lat. cient. (sust.), 'amina que da vida', 'vitamina'.

Alba García Castro, 4ºA.

Linguas clásicas e medicamentos: Protovit

O medicamento Protovit é un polivitamínico que contén vitaminas necesarias para o correcto desenvolvemento do organismo. Protovit suministra cantidades suficientes de vitaminas fundamentais que o organismo necesita para previr ou resolver aquelas situacións nas que os requerimentos diarios destes principios indispensables para o organismo non están atendidos ou puideran non estalo por diferentes motivos (dietas desequilibradas, inapetencia, convalecencias...).
O fabricante deste medicamento é Roche e o titular é Bayer. Actualmente, este medicamento está anulado. A data de alta do polivitamínico foi o 1 de maio de 1953.
Os elementos lingüísticos que forman o nome deste medicamento son os seguintes:
"Prot(o) gr. y lat., prōte-(īna), πρώτειος + -īna". Refírese á 'sustancia fundamental' que desempeñan as proteínas para a vida. Esta raíz tamén pode atoparse noutras palabras como apolipoproteína, cromoproteína, mucoproteína, etc.
Vit-. Este compoñente podería ser unha abreviación da palabra vitamina, que provén da palabra vida.
Imaxe: http://goo.gl/HM7vlR




Alba García Castro, 4ºA.


Linguas clásicas e medicamentos: Ocuflur e Orfidal

Neste artigo, vou falar de dous remedios; o Ocuflur e o Orfidal; para mostraros que na súa etimoloxía e significado agóchase a súa utilidade. 

O primeiro, o denominado Ocuflur, é un medicamento, comercializado hoxe en día por varias farmacéuticas usado para a inflamación tanto da conxuntiva palpebral coma a conxuntiva bulbar ademais da córnea  do globo ocular, o que xa nos dá algunha referencia acerca do seu nome. O Ocuflur, provén da unión da palabra latina oculus máis a terminación "-flur ", que ven podería significar fluído.

O Orfidal, é un medicamento, usado para tratar principalmente os problemas de insomnio comercializado por unha das grandes farmacéuticas do mundo, a Wyeth,
aunque tras a súa compra en 2009 por a farmacéutica Pfizer, e comercializado por esta, aunque o orfidal tamén vendese baixo diversos nomes (Abinol, Amparax, Aplacasse, Ativan, Calmatrón etc...), aunque é moi coñecido por  un dos seus principios activos: o Lorazepam, o nome levado a industria por laboratorios coma Normon ou Valinum.

Volvendo ao primeiro nome do medicamento, o orfidal, o cál elixín pola súa simpleza pero a vez pola información que leva a añadida (a diferenza doutros como o Emotival) de carácter mitolóxico, xa que ante problemas de insomnio o que máis desexamos e durmir e se non o conseguimos poñémonos coma feras, e o personaxe mitolóxico capaz de amansalas e facelas durmir, era Orfeo ( velaquí o seu orixe).


Un músico e cantante, amante da lira; unha especie arpa fillo de Apolo e Calíope, que tivo o valor de viaxar ao inframundo en busca da súa amada Eurídice, morta durante a boda por culpa dunha mordedura de serpe. Tocando para o deus dos mortos Hades e a súa esposa Perséfone, o que os conmoveu tanto que permitiron o regreso de Eurídice ao mundo dos vivos coa condición de que durante o traxecto non mirara ni unha soa vez atrás pero sometido a moita presión e xusto cando estaba a punto de chegar a saída mirou só para ver como a súa esposa era arrastrada irrevocablemente de volta ao inframundo.


 Eurídice e Orfeo

                                                                    

Linguas clásicas e medicamentos: Protopic e Nutrasona

Protopic

É unha pomada de uso cutáneo para combatir enfermidades que provoquen eccemas ou reaccións alérxicas similares na pel, coma a dermatite atópica ou a psoriasis. Para máis información sobre o medicamento, fai clic aquí.

http://goo.gl/cgPdH0
Aínda que tamén obsérvase o prefixo grego proto-, que significa "primeiro" ou "diante", e que en galego forma palabras como "protozoo" ou "prototipo", a nosa pomada non parece seguir ese camiño, senón que colle o prefixo latino pro-, que provén da palabra prode, que en latín vulgar significa "proveito", e que a súa vez provén do latín clásico prodest, que significa "é útil". O prefixo pro-, neste caso, refírese a algo que está a favor ou que otorga unha vantaxe, como, por exemplo,  cando dicimos "é pro-aborto", querendo dicir que está a favor do aborto. Tamén ten outras acepcións, coma "diante de" (proxenitor), "en lugar de" (pronome)...

Pola outra banda está -topic, que, obviamente, ven de "tópico". Este adxectivo provén do étimo grego de topikos, que quere dicir "relativo a un lugar" (topos=lugar + ikos=relativo a). Tamén conta cunha segunda acepción, que é  "relativo á pel". Este significado adquiriuno cando empezouse a utilizar para designar, como xa acabamos de dicir, todo o relativo á pel, no ámbito na mediciña arredor dos anos 20. Isto, probablemente, débese a que cando ti inxires algún medicamento, ou inxéctancho, a mediciña chega a todalas partes do teu corpo, ou a unha ampla zona del. Non obstante, os medicamentos cutáneos non actúan así, senón que os aplicas nunha zona moi concreta da epiderme, zona na que queres que actúe a pomada, afectando a un só lugar. Por isto, asociase o significado de tópico "relativo a", co uso particular dos medicamentos cútaneos, resultando a acepción de "relativo á pel".
En conclusión, quédanos que o nome "Protopic", quere dicir "en favor da pel".


Nutrasona

Ao igual cao protopic, a nutrasona é unha pomada para combatir os eccemas producidos na pel debido a diferentes reaccións alérxicas. Para máis información sobre o medicamento, fai clic aquí.

www.isdin.com

O meu twitter: @AlfonsoRZgz
A primeira parte da palabra é "nutra", que ven do verbo de orixe latino nutrire, e que significa "nutrir" ou "alimentar".
A segunda parte da palabra é "sona", que é un sufixo, sen significado ningún, que é otorgado a medicamentos con regularidade, coma, por exemplo,"lactisona","hidrocortisona","micosona"...
Ademais,estes verdadeiros inxenieros nominais, poden estar a xogar co adverbio inglés "soon", que significa "pronto", aludindo a que o medicamento actúa de forma rápida. Con esta alternativa, o noso medicamento significaría "nutre pronto, nutre de inmediato".

Linguas clásicas e medicamentos: Antalgin, Algiasdin e Algimalbo

Antalgin


O medicamento elixido é Antalgin, un antiinflamatorio. É empregado para múltiples fins, entre os que podemor nomear: tratamento dos síntomas de artrite reumatoide, artrose, episodios agudos de gota e espondilitis aquilosante, dor mestrual e alivio da dor das crises agudas de migraña.

Este medicamento naceu en Estados Unidos en 1976 co nome de Naproxeno e, púxose á venda en 1980. En México é coñecido como Naxen e, en España como Antalgin. Comezou a expandirse baixo a marca comercial Aleve e, é un medicamento con receta na maioría de países.

http://goo.gl/Iz508V
Imos ver que serie de elementos lingüísticos foron elixidos para crear este nome pegadizo e, sinxelo de recordar.

"Ant, anti". Empregan o termo como modo de referirse ao feito de que este medicamento é empregado para combater unha enfermidade, por iso o emprego do termo "Ant".

"Algia, dor". Fai referencia á ausencia de dor se empregamos este medicamentos, contra determinadas enfermidades. Neste caso, contra a dor que causan as inflamacións.

Como curiosidade, o Antalgin ten unha serie de efectos secundarios e, ademáis é empregado para evitar molestias gastrointestinais.


Algi Mabo:

Algi Mabo é un medicamento que podemos atopar tanto en forma de cápsula, ampoia ou supositorio. Trátase dun analxésico, antipirético, antiinflamatorio e antiespasmódico. Está composto principalmente de Metamizol Magnésico. É empregado para o tratamento de dismenorrea, odontalxias, dor oncolóxica, dor aguda postoperatorio, dor postraumática, febre resistente e dor tipo cólico.

O seu verdadeiro nome é Metamizol e, Algi Mabo o seu nome comercial. É un medicamento patentado por "Laboratorios Mabo Farma", de ahí o seu nome. 

"Algia, dor". É a raíz latina empregada no medicamento anterior.
"Mabo". É o nome do Laboratorio que patenta este medicamento, de ahí que leve o seu nome xunto co outro termo latino: "Algi".

                          http://goo.gl/00bzIb                      
                                                                               

Algiasdin:

O medicamento elixido é Algiasdin, un antiinflamatorio non esteroide. Este medicamento é empregado para o tratamento da dor de intensidade leve, o tratamento de artrite, artrite reumatoide xuvenil, artrose, espondilitis aquilosante e a inflamación non reumática. Contén 600 mg de Ibuprofeno ademáis de, lactosa monohidrato, diffutab base E2, hipromelosa, talco e sílice coloidal anhidra. É un medicamento que se presenta en comprimidos de liberación prolongada en forma de cápsula.

http://goo.gl/xR88M8








Foi patentado por "Laboratorios Doutor Esteve" en Martorelles (Barcelona) aínda que, leva a marca ISDIN. Realmente é Ibuprofeno pero, emprégase Algiasdin como nome comercial.

Existen unha serie de advertencias e precaucións sobre este medicamento, para saber cales son, podes consultar esta páxina web: advertencias e precaucións.

"Algia, dor". Raíz empregada nos dous medicamentos anteriores.
"Sdin". Este formante son as siglas de "ISDIN", a marca do fabricante deste producto. Por iso se lle chama "Algiasdin de ISDIN".
http://goo.gl/PjPOQj

   




martes, 27 de mayo de 2014

Linguas clásicas e medicamentos: Blastoestimulina e Thrombocid

De acordo con este artigo, os nomes dos medicamentos teñen que ser curtos e fáciles de pronunciar en distintos idiomas, requisito que non se cumpre no primeiro dos casos dos que vos vou falar.

- Blastoestimulina. Pomada que axuda na cicatrización de feridas, mesmo en casos de infección. (Ler máis)
En canto á súa etimoloxía, podemos distinguir varios elementos na palabra. O sufixo final "-ina" non aporta significado algún, senón que é un afixo empregado moi comunmente neste ámbito e os outros compoñentes son:
  • Tomando o significado primitivo, temos que: "blasto-" significa xerme e o sufixo "-estimul-" ven do latín "stimulus", que significa aguillón. Así que, estaríasenos a dicir que a blastoestimulina mata os xermes da ferida.
  • Pero o significado destas raíces evolucionou lixeiramente, polo que tamén temos que:  "blasto-" [do gr. βλαστός «xerme»] quere dicir célula inmadura (significado adoptado recientemente no mundo da mediciña) e "-estimul-" (estímulo/ estimular) axente que provoca unha reacción funcional nun organismo. Polo tanto, este fármaco potenciaría a formación por parte do propio organismo de novas células para rexenerar a zona afectada. 
Outras palabras ca raíz "blasto": mieloblasto, linfoblasto e normoblasto.
Outras palabras ca raíz "estimul": estimulante, estimulador e estimular.

http://goo.gl/njl2kB
- Thrombocid. Pomada de uso cutáneo que favorece o fluxo sanguíneo e deste xeito evita a formación de trombos. (Ler máis)
Podemos distinguir dous elementos:

  •  -"Thrombo[thromb(o)- θρόμβος gr. 'coágulo']. Alude claramente á patoloxía que trata, e móstrase moi respectuoso na transcrición do grego o que lle da unha apariencia máis científica á palabra.
  •  - "Cid". Provén dun sufixo moi presente na nosa lingua: "-cidio", que significa morte.  

Deste xeito, se unimos todo, quédanos que se trata dun medicamento cuxa finalidade é eliminar os trombos.
Outras palabras ca raíz "thromb(o)": trombocito, tromboflebitis  e trombocitopenia.
Outras palabras ca raíz "cidio": magnicidio, suicidio e xenocidio.
http://goo.gl/xVUquq
O Thrombocid forte contén unha cantidade maior do principio activo.

Antón Rodríguez Otero: @Anton_Roguez 

miércoles, 21 de mayo de 2014

Linguas clásicas e medicamentos: Epiduo e Spasmoctyl

Epiduo

Neste caso estudaremos o Epiduo. Este medicamento, comercializado por laboratorios Galderma, é un xel que se aplica directamente sobre a pel, (EPIderme) para combatir os efectos do acné, granos e dalgunhas picaduras de insectos. De aquí ven a primeira raíz da palabra: epi gr., ep(í), ἐπί, 'sobre', é dicir, "sobre a pel", o que fai clara referencia á sua aplicación. Aparece en palabras tales como epiderme, epidural, epidemia, etc. O que non está tan claro é a orixe etimolóxica da segunda raíz. Tras moito investigar, a razón máis coherente que encontrei foi a seguinte. 'Du' do latín 'duo' significa 'dous'. Quizais esto aluda a que a crema actúa como unha segunda pel, corrixindo os defectos da orixinal, transformándose na capa mais externa da derme.

Spasmoctyl

Agora vamos co Spasmoctyl. Este medicamento é un antiespasmódico, é dicir, que suprime o espasmo ou calambre dun determinado músculo, cousa que pode chegar a ser moi dolorosa e problemática dependendo do músculo ao que afecte. Adminístrase en pastillas e se usa para:
  • Espasmo gastrointestinal (espasmo do tracto biliar, ureteral e cólicas renal, dismenorréia). 
  • Tratar o síndrome do colon irritable. 
  • Auxiliar na radiografía gastrointestinal e úlcera péptica.
  • Etcétera.
Agora vamos co que nos incumbe aquí, que é o latín.

"Spasmoctyl" divídese en Spasmo/ctyl:
  1. "Spasmo", do grego, spasm(o)-, σπασμός, que significa'contracción', 'espasmo'. Esta raíz encontrámola en palabras tales como espasmo, espástico, espasmódicto, etc.
  2. "Ctyl". Pódese deber á composición do medicamento, o cal está formado maiormente por Otilonio (Octilonium), pero nese caso a desinencia sería "Ctil". Por qué se elixe cambiar o i latino polo i grego? Eu creo que é porque a todo o relacionado coa mediciña quédalle moi ben ese toque latino, algo que se consegue tan facilmente como cambiando esas dúas letras.

Spasmoctyl en grajeas 40 mg







Follow me! @AndreSisoOne

Linguas clásicas e medicamentos: Dogmatil e Amignul

Moitas veces, pasar moito tempo procurando nun dicionario etimolóxico para dar nome a un medicamento pode producir cefaleas, vértigos, dores de cabeza, etc. Podemos encontrar multitude de medicamentos que axudan a tratar estes síntomas, entre os cales se atopan o Dogmatil  e o Amignul.

O primeiro destes pertence ao grupo de medicamentos antipsicóticos ou neurolépticos e é receitado para tratar neurosis, depresións, transtornos psicolóxicos e vértigos. O principio activo é a sulpirida  e o produto preséntase en cápsulas que conteñen 50 mg deste composto.

En canto á súa etimoloxía, podemos observar claramente a raíz: dogma, prodecente do grego δόγμα, "pensamento, doctrina, opinión ou principio". Desta raíz derivan así mesmo palabras coma ortodoxo ou paradoxo. Ao sufixo restante, -til, podémoslle atribuír o significado de "posibilidade", coma en fértil (fer (lat. ferre "levar") + -til). Así, unha terra fértil é a que pode levar ou proporcionar alimento. Este sufixo tamén aparece en palabras coma dócil, fráxil ou fútil. Polo tanto, trátase dunha menciña que pode devolver o pensamento a quen a enxira. Este significado etimolóxico está fortemente ligado ao tratamento de problemas psicolóxicos.

Por outra parte, Amignul é un fármaco utilizado para aliviar as dores producidas polas migrañas. O principio activo é o almotriptán, posuíndo cada un dos comprimidos 12,5 mg deste.

Fotos do autor
A etimoloxía deste medicamento é máis complexa e está formada por máis elementos. En primeiro lugar, encontramos o prefixo a-, de orixe grega, que indica unha negación. Despois, -mign-, procedente de migraña ou realmente de migraine, a versión inglesa e francesa. Así, explícase a presenza do ene  Finalmente, o resto da palabra, -ul, podería proceder do sufixo formador de diminutivos -ulo/-ula, de orixe latino. Este sufixo forma palabras coma maiúscula, molécula ou músculo. Noutras linguas, coma o inglés ou o francés (ej: majuscule), este sufixo perde a vogal final, o que explicaría a ausencia desta. Así, estariamos a falar dunha menciña que acaba cas dores de cabeza ou que as devén insignificantes. 

martes, 20 de mayo de 2014

Linguas clásicas e medicamentos: Luminaletas


O medicamento Luminaletas é un fármaco comercializado polos laboratorios KERN PHARMA. Utilzáse para o tratamento da enfermidade chamada epilepsia. A aparición das chamadas crises epilépticas que produce fortes convulsións e inconsciencia pode darse debido a diferentes estímulos como a luz, ruído, tacto.
Da palabra do latín lumen formáronse no español palabras como: iluminar, luminoso ( formada polo sufixo- oso que indica abundancia), vislumbrar (vix= apenas) e lumbre ( o cambio do sufixo- men "lumen" a -mbre , e moi común.

Agora imos tratar  etimoloxicamente este fármaco que axuda a persoas e animais a non ter convulsións.

Lumina-: Provén do latín "lumen" e o seu signifado e luz. Os científicos puxéronlle este prefixo debido a que a luz é o principal artifice dos ataques.

-Etas: Sufixo diminutivo posiblemente procedente do latín. Por exemplo: Lingüeta (lingua pequena)

A modo de curiosidade, Calígula padeceu epilepsia cando era xoven. O emperador vivía co profundo medo de sufrir un ataque asociado a súa enfermidade a pesar de que aprender a nadar era parte da educación imperial o emperador non o fixo pois os epilépticos poden sufrir ataques pola luz que reflexa o auga.

http://www.kernpharma.com/productos/

Linguas clásicas e medicamentos: Condrosulf e Lexxema

CONDROSULF

Medicamento consistente en cápsulas duras para o tratamento sintomático da artrose.
A etimoloxía deste medicamento ven de:
-Khondros: raíz grega que significa cartilaxe. Esta raíz tamén podemos atopala en palabras como: mitocondria e hipocondríaco.
-Sulf: abreviación de sulfato, xa que entre a composición do medicamento atópase o condroitín sulfato.
Grazas a súa etimoloxía deducín que o medicamento contén o condroitín sulfato porque este está presente nas cartilaxes, entón como ese sulfato se vai esgotando e o precisas, tes que tomar este medicamento para telo.



LEXXEMA

É unha pomada que diminúe a inflamación e as reaccións alérxicas da pel, e as reaccións que se asocian a unha multipicación excesiva das células da pel. Polo tanto, diminúe o arrubiamento, a acumulación de líquidos e o exsudado na pel inflamada. Tamén alivia a comechón, a ardentía ou a dor.
Aínda que así, a primeira vista poidamos pensar que este medicamento ten algo que ver coa palabra lexema, debemos ir máis ala e atopar a palabra que se encontra agochada no interior, que é eccema(palabra que procede do grego e que significa erupción cutánea).
Con isto xa temos relacionado o nome do medicamento coa sua aplicación, xa que todo xira arredor da palabra pel.


Linguas clásicas e medicamentos: Otogen.


Otogen son unhas gotas pra os oídos utilizada para o tratamento da enfermidade da otitis (inflamacion do oído que pode se externa ou interna).

Agora imos tratar do nome deste fármaco etimolóxicamente:

Oto-: [ōt(o)- οὔς/ὠτός griego. 'oído, oreja' Tomado do grego que nos deu palabras como: Otoloxía;otitis, otorrinolaringólogo (médico especialista nos oídos nariz e larinxe), otoscopia (instrumento para observar o oído).
-Gen: No latín encóntrase "gignere", "genui" "engendrar", "gnasci" versión arcaica de "nasci","nacer". Isto pode ser debido a que estas gotas aplícanse no nacemento do oído.



http://www.ern.es/productos/otogen-calmante/

Linguas clásicas medicamentos: Atarax, Hemicraneal e Torecán


Atarax

Medicamento que pertence á compañía UCB pharma. UCB é unha compañía multinacional farmacéutica con sede en Bruselas (Bélxica).É famosa pola creación de moitos medicamemtos de uso case diario como por exemplo cremas para peles atópicas e outros remedios para problemas sobre todo alérxicos e debido a que cada tres anos dan un premio internacional da neurociencia.

O seu nome procede da palabra ataraxia que ven do grego ataraxía que é unha palabra composta que significa a= sin + taraji= perturbación, axitación polo que a palabra completa significa tranquilidade ( sen axitación), un nome moi apropiado para un medicamento que se emprega para tratar ansiedade, o prurito e a urticaria . Ademais ten un nome propio dos medicamentos por conter "x".


Hemicraneal


Medicamento empregado contra as migrañas. Pertence á familia farmacolóxica de Novartis, que ten a sua sede en Basilea en Suiza e dende onde distribue todos os medicamentos e productos biotecnoloxicos que produce.

O nome deste medicamento ven referido exactamente a iso, ao seu emprego. O seu nome ven da palabra grega ἡμικρανία, hemikrania, "na mitade da cabeza". Galeno foi o primeiro en utilizar o termo hemikrania que foi evolucionando ata converterse en migraña.Galeno cría que a migraña se debia ao tecido que separaba as partes do cerebro e que impedía que a dor pasara dun hemisferio ao outro.

Polo tanto o nome procede da palabra antiga para designar migrañas mais o sufixo -al que o converte en adxectivo

Torecán

É un antihistamínico que se emprega para tratar os vómitos producidos por quimioterapia, vértigos e enfermidades que afectan ao aparello vestibular

A procedencia do nome pode ser:
1. Debido á colocación de tres das enfermidades que pode tratar (que aparecen no prospecto) colocadas unha tras outra : to = que faria referencia a atetosis, re e ca= que fan referencia a hiperemesis grávidica e por último o "n" se engadiría para que soara mellor.
2. Referido a algo que non ten nada que ver co tratamento como fai fai con outros medicamentos.


Fotos da autora

Linguas clásicas e medicamentos: Aero-Red e Termalgin codeína

Neste artigo comentaremos os nomes de dous medicamentos, como son Aero-Red e Termalgin codeína. Nestes dous compostos pódese observar como o latín e o grego toman claramente unha enorme importancia cando se trata de poñer nomes aos produtos comercias, coa intención de que estes sexan atractivos aos posibles usuarios e tamén nalgúns casos o nome leva a identificar facilmente a utilidade do medicamento. Anteriormente utilizábanse outras linguas como o inglés pero debido ao uso estes nomes deixaron de ser orixinais e o inglés quedou anticuado; agora óptase por utilizar outras linguas como o latín e o grego.


En primeiro lugar falaremos do Aero-Red. Este medicamento utilízase para destruír burbullas de gas, facilitando a súa eliminación e aliviando as molestias que podan ocasionar, emprégase moitas veces para combater enfermidades tales como a aerofaxia, cólicos da lactancia etc. Na súa composición o compoñente principal e a simeticona. O seu nome ten unha etimoloxía moi simple que se pode deducir facilmente:

Aero- prefixo procedente do grego aero (aire). Isto indica a relación entre o medicamento e o fin para o que se utiliza que é eliminar o aire que se acumula no corpo. Esta raiz pode encontrarse en outras moitas palabras como por exemplo: aerofobiaaerosol, aeroterapia.
Red- a procedencia desta parte do nome do medicamento débese simplemente á palabra que en inglés se refire ao color do envase . 




O outro medicamento do que imos falar e o denominado  Termalgin codeína. Utilízase para tratar dores moderados ou fortes e tamén para a redución da febre, emprégase moitas veces para tratar enfermidades como por exemplo gripes, catarros etc.  Na súa composición destaca sobretodo a codeína pero tamén a presenza de paracetamol. Agora veremos a etimoloxía deste nome:

Term- prefixo procedente do grego antigo thermos (quente). Indica a relación do nome e a súa utilización para reducir a febre. Esta raiz pode encontrarse en outras moitas palabras como por exemplo: termómetro, termal, termoterapia.
alg- esta parte do nome ven referida á etimoloxía da palabra algia (dor) procedente do grego. Indica a relación entre o nome e a súa finalidade que é aliviar as dores fortes. Este sufixo tamén está presente noutras palabras como poden ser: lumbalxia, neuralxia, otalgia.
-in (-ina) sufijo diminutivo, usado habitualmente como terminación de nombres de medicamentos.
codeína a última parte do nome simplemente expresa cal é o seu principal compoñente.


Linguas clásicas e medicamentos: Tromalyt

Neste artigo vou falar sobre o Tromalyt, un fármaco que se toma en cápsulas e que serve para evitar a coagulación do sangue. Eu creo que todas as persoas con problemas de corazón teñen que tomalo, xa que evita os infartos.


Trom-: Ven da palabra "trombo" [thromb(o)- θρόμβος gr. 'coágulo' + -ō-sis gr. 'proceso patolóxico']. Como ben se ve na súa etimoloxía, significa coágulo. Outras palabras poden ser trombose, trombocito e tromboflebite.
Alyt-: é un sufixo sen significado particular pero que indica algo tecnolóxico ou científico pola presenza da -y- e a finalización en consoante. Curiosamente, esta "palabriña" utilízana os norteamericanos ou ingleses para indicar que "está todo ben" nas mensaxes de texto, porque é a abreviación de all right.

http://goo.gl/rSq2Iq

Linguas clásicas e medicamentos: Ventolín

http://goo.gl/FSgxrK
Ventolín é un dos medicamentos que teñen a diario compañeiros meus asmáticos, e que lles salva en momentos de crise. É un inhalador que contén osíxeno e que nos momentos de fatiga ou no que lles falta o ar meten a boquilla na boca e presionan un botón que lles proporciona a dose de osíxeno que necesitan. Recopilando información para facer este post descubrín que hay unhas criaturas chamadas ''Los ventolines'' que son espíritus do aire que axudan a poboación da costa cántabra, e que se encontran nas tradicións cántabra e asturiana. Dito isto, vamos falar dos elementos lingüisticos foron elixidos para o nome de este medicamento.

  • Vento-, que ven do latín uentu(m) que significa viento o que para o meu parecer está moi ben xa que este medicamento do que se trata e de dar osíxeno e o interpretan como vento xa que sae a presión.
  • -l- é un infixo 
  • -in, é unha terminación de diminutivo moi popular na formación de nomes de medicamentos -in/-ina.
Aroa Maneiro @aroamaneiro17

Linguas clásicas e medicamentos: Flutox

http://goo.gl/79vXQg
O Flutox é un dos medicamentos máis coñecidos dende a nosa infancia ata o día de hoxe. É recetado para a irritación de gorxa producida pola tos, de ahí o seu nome. É ademáis caracterizado por ser o único xarabe que sabe ben, de feito estou dacordo con esa afirmación, recordo que de pequena ás veces o collía sen estar enferma e tomaba unha cullerada de xarabe polo seu sabor doce.
Actualmente este medicamento esta comercializado por Pharmazoam que a súa vez está dentro do grupo Zambon.
A continuación vamos ver os elementos lingisticos que foron elixidos para formar o nome de este xarabe, curto e pegadizo:

  • Flu-, ven do latín flue(re) que significa fluír. Referido a que é un líquido que flue pola gorxa aliviando a dor.
  • -tox, é a palabra tos alterada seguindo o típico recurso de empregar letras tales como x, y, o, z para completar o nome e a súa vez que sexa pegadizo. Outros exemplos claros que utilizan este recurso son o Clamoxyl, Xanax, etc. 

Aroa Maneiro @aroamaneiro17

Linguas clásicas e medicamentos: Ocuflur e Adolonta.

Os medicamentos elexidos por min son Ocuflur e Adolonta. 

Vamos comezar polo Ocuflur
É un colirio que serve para calmar a irritación dos ollos. Tamén se pode usar cando estás sendo operado de cataratas

A súa etimoloxía é a seguinte: 

-Ocu: Do latín "oculu", alude a ollo. Esta raíz tamén la podes encontrar nas palabras ocular o inocular.

-Flur: Alude ao compoñente flurbiprofeno da súa composición.
http://goo.gl/65wD5N

O outro medicamento é o Adolonta

É un medicamento que calma a dor. Actúa reducindo os efectos das endorfinas que se encontran no cerebro e na columna vertebral. Este medicamento mestúrase cos receptores opiáceos do cerebro e bloquea a transmisión de estímulos da dor. 
O nome real deste medicamento é Tramadol, pero Adolonta é un nome comercial como tamén o pode ser Tradonal, Zytram, etc. 

A súa etimoloxía é a seguinte: 

Esta palabra non contén raíz latina, pero polo seu nome e a súa función, parece que contén a palabra dolor, que ven da raíz latina ''del-2'' que significa alisar, pulir, cortar. Contén o prefixo grego privativo a- = sen dor. O sufixo -nta, non aporta particularmente significado pero finaliza a palabra dun xeito que soa a clásico e a científico.


http://goo.gl/WRTtLz